Ribadeo, 29 de abril de 2020. A Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Economía xunto coa Área TIC da Concellaría de Igualdade, Ensino e Mocidade, abre ao público a plataforma “#AxudémoNOS”, que se presentaba hai uns días. Trátase dunha páxina web que ten como obxectivo apoiar a todo tipo de negocios locais que nestes momentos permanecen pechados por mor do Covid-19.
O edil Pablo Vizoso subliñou que “Compra agora e goza despois resume a razón de ser desta iniciativa. A cidadanía poderá apoiar ás súas tendas e establecementos favoritos, dándolles liquidez nestes momentos tan complicados, coa compra dos bonos prepago que estes nos ofrecen. Cada bono levará un desconto, que a clientela poderá disfrutar unha vez vaian abrindo os establecementos adheridos á campaña”.
O concelleiro de Desenvolvemento Local sinalou que “un dos obxectivos fundamentais de #AxudémoNOS, é sensibilizar á poboación da importancia de consumir en clave local, pois a sostibilidade de moitos negocios desta bisbarra depende da nosa implicación e concienciación á hora de comprar nas nosas vilas para mantelas vivas. De aí que os bonos prepago se denominen #BonoaxudémoNOS. Estes bonos poderanse adquirir tamén como bonos regalo”. Pablo Vizoso anima “á poboación ribadense a regalar #BonoaxudémoNOS a través dos cales estaremos agasallando vida e futuro. Sendo este un regalo perfecto para estes días”.
O edil ribadense explicou que “a esta plataforma poderán adherirse gratuitamente todos os negocios de Ribadeo, que neste momento se atopan pechados por causa do Covid-19 de sectores coma hostalaría, restauración, comercio, profesionais todos/as. Para iso deberán cubrir toda a información solicitada no formulario que atoparán na sección de Son Negocio da seguinte páxina web https://axudemonos.ribadeo.gal/”.
Vizoso Galdo engadiu que “con esta plataforma o Concello, tamén achega unha nova ferramenta que servirá para dar visibilidade aos negocios, creando unha comunidade local de establecementos, todos/as co mesmo fin manter vivo Ribadeo”.





















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



