Cervo, 12 de abril de 2020. O Concello de Cervo ofrece á veciñanza novas actividades lúdico-didácticas e deportivas para afrontar as seguintes semanas de confinamento.
Logo da gran resposta que tivo nas redes o concurso #cervoquedanacasa –que xa vai pola terceira edición-, mañá luns retómase con novas propostas para toda a familia través do facebook (https://www.facebook.com/CONCELLO-DE-CERVO-AYUNTAMIENTO-DE-CERVO-328922863972 baixo o cancelo #cervoquedanacasa.
Para poder participar no concurso os pasos son os seguintes:
1º Facerse seguidor da nosa conta de Facebook
2º O mesmo día do concurso, de 12:00 a 20:00 horas, as persoas que desexen participar deber subir a súa foto ou vídeo etiquetando a páxina do Concello co cancelo #cervoquedanacasa
3º Ás 17:00 horas do día seguinte de cada un dos certames anunciarase o/a gañador/a
Os premios serán entregados ao remate da corentena e a axenda de actividades é a seguinte:
Luns 13 de abril, representación artística. Representa o teu cadro preferido. Comparte unha foto que amose o resultado, acompañada do título da obra orixinal.
Mércores, 15 de abril, concurso á mellor coreografía. Crea a coreografía máis orixinal para queimar calorías na casa durante a corentena e comparte o resultado.
Venres, 17 de abril, concurso almorzo Masterchef. Comparte unha foto ou vídeo que amose o resultado, acompañada/o da receita e do nome da mesma.
Luns, 20 de abril, crea o teu bodegón. Utilizando alimentos, recipientes e utensilios domésticos.
Mércores, 22 de abril, concurso de xogos de mesa. Inventa un xogo de mesa para pasar a corentena.
Venres, 24 de abril, merenda Masterchef. Comparte unha foto ou vídeo da túa merenda, acompañada da receita e do nome da mesma.
Ademais tamén haberá un bingo na rede, os xoves 16 e 23 de abril. Aquelas persoas que non dispoñan de facebook tamén poden participar no concurso enviando as súas fotos ou vídeos a través do correo cervocultura@gmail.com.
Desde o Concello de Cervo precisan que “sabemos que son días complicados para todos/as nos que debemos sumar esforzos e seguir as recomendacións das autoridades competentes para frear a expansión do virus; a fin de tentar contribuír a facervos máis amenas estas xornadas deseñamos estes programas agardando que sexan moitos/as os/as veciños/as e as familias que se sigan sumando; porque ademais é unha forma de estar interconectados nestes días e de interactuar uns cos outros”.
DEPORTE VIRTUAL
Ademais, desde a delegación de Deportes, conscientes de que o exercicio físico é fundamental para poder manter a nosa mente e o noso corpo saudables, tamén se iniciou a pasada semana unha programación de clases completas virtuais a través da canle de youtube oficial do Concello https://www.youtube.com/results?search_query=concello+de+cervo; especialmente pensadas para as persoas usuarias das nosas Escolas Deportivas Municipais, pero tamén para toda a veciñanza e que están a ter unha gran resposta, xa que na primeira semana sumaron máis de 1900 visualizacións. As sesións -de ximnasia de mantemento (luns e mércores), aerozumba e pilates (ambas cada martes e xoves)- subiranse cada día ás 11:00 horas.
Recordamos que desde que comezou o confinamento, vimos compartindo regularmente nas nosas redes sociais diferentes rutinas deportivas dirixidas polos monitores das ADM de Cervo; pero desde a pasada semana esas clases son de maior duración, sesións completas.
Os exercicios están pensados para realizar tanto de xeito individual como en familia, con elementos que todos temos nas nosas casas.
IMPRIMIMOS POR TI
Por outra banda, desde a delegación de Educación recordan que desde o pasado luns está en marcha o programa de apoio “Imprimimos por ti”. Un servizo de impresión de materiais educativos, en coordinación co CEIP Península da Paz, o CEIP de Cervo e IES Marques de Sargadelos para aquelas familias que non dispoñan de medios tecnolóxicos nos seus fogares. Nestes primeiros días o servizo chegou a 21 mozos e mozas.
As familias interesadas poderán contactar co equipo docente do seu centro de ensino ou directamente co Concello a través do correo dinamización@concellodecervo.com ou do teléfono 691 656 600. Este servizo está dispoñible tamén para rapaces e rapazas de ensinanzas de FP ou universitarios/as que o precise.





















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



