Foz, 25 de abril de 2020. O Concello de Foz dispón unha batería de medidas fiscais para paliar os efectos da crise económica ocasionada polo COVID-19 desde o vindeiro luns, día 27.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que “a crise económica asociada ao COVID-19 está deixando un forte impacto nas familias e no tecido produtivo do concello de Foz, que é eminentemente turístico, con pequenos negocios familiares e unha gran cantidade de autónomos. O peche xeral e obrigado, imprescindible para frear o avance do COVID-19, produciu un desequilibrio moi importante nas contas de familias e do comercio local de Foz. É moi complicado soportar os custos mensuais de calquera negocio sen ningún ingreso, por iso o equipo de goberno valora moi positivamente iniciativas como a presentada pola ACIA de Foz, que está a preparar unha plataforma de venta online. É fundamental que o comercio local, do que estamos orgullosos, volva ter ingresos canto antes”.
O rexedor municipal engade que “ao equipo de goberno do Concello de Foz gústalle a boa xestión, o traballo constante, e non facer brindes ao sol”. A este respecto a segunda tenente de alcalde e concelleira de Facenda, Inés López Couto, indica que “o Concello leva traballando varias semanas nas medidas económicas e fiscais que o Concello de Foz pode aplicar, no marco legal actual e no ámbito das súas competencias, para paliar os efectos da crise económica. É agora, cando xa está conformado o decreto de Alcaldía e grazas ao gran traballo dos técnicos do Concello, cando podemos presentalo á opinión pública. Traballamos sen facer ruído, pero sempre o facemos: non necesitamos grandes titulares”.
Tanto a edil de Facenda como o alcalde explican as medidas fiscais e económicas que o Concello de Foz vai aplicar desde o luns e que “supoñen unha importante redución de ingresos nas arcas do Concello. Creemos que é o momento de que as administracións fagan un esforzo importante e reducir gastos habituais que neste momento deben pasar a un segundo plano. Somos moi serios coas contas do Concello, xa que é o diñeiro de todos. Non paramos de traballar a pesares da crise sanitaria e o Plan Económico Financeiro que estamos obrigados a facer pola pésima xestión das contas que fixo o anterior goberno estanos a retrasar a presentación do orzamento”.
As medidas económicas e fiscais que pon en marcha o Concello de Foz a partir deste luns pódense resumir nas seguintes:
– Elimínase o cobro das seguintes taxas no período entre o 13 de marzo e o día que se produza o levantamento do Estado de Alarma: Escolas Deportivas Municipais, mercado dos martes, ocupación de vía pública por obras e andamios, Escola de Música e Servizo de Axuda no Fogar para os usuarios que lles foi suspendido o servizo.
– Elimínase o cobro das taxas por terrazas aos locais de hostalería durante o Período de Alarma.
– Elimínase a taxa por recollida de lixo a aqueles establecementos que tiveran que pechar as súas portas por estar a súa actividade suspendida durante o Estado de Alarma.
– Solicitude á Deputación de Lugo para o retraso no cobro dos padróns tributarios que ten asignados (imposto de vehículos de Tracción Mecánica, IBI, IAE,…) aos últimos meses do ano, cando entendemos que estará superada a fase máis aguda da crise, para aliviar economicamente nestes meses as economías das veciñas e veciños de Foz.
– Solicitude ás administracións para o fraccionamento de oficio de xeito xenérico dos impostos. Ao respecto, cómpre recordarlle a todas as veciñas e veciños que está á súa disposición o fraccionamento ou aprazamento dos tributos recadados pola Deputación de Lugo baixo solicitude previa.
A aplicación da eliminación de taxas será de oficio salvo a de recollida de lixo, que se poderá solicitar a partir deste luns por sede electrónica e a través dun modelo xenérico conformado polos servizos técnicos do Concello de Foz.
Para rematar Fran Cajoto destaca: “o meu apoio e solidariedade a todo o tecido produtivo do concello. Nestes momentos é necesario dar unha mensaxe de apoio incondicional por parte das administracións. Recomendo a tódolos veciños facer as súas compras no comercio local, que tanto emprego xera, e esquecerse de plataformas de multinacionais, que non aportan ningún beneficio ao noso Concello. É momento de apoiarnos entre todos para saír o máis rapidamente posible desta crise. É o momento de traballar todos unidos”





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



