Viveiro, 28 de abril de 2020. O Concello de Viveiro vén de aprobar os padróns de auga e canon de saneamento, rede de sumidoiros e taxa de recollida de Lixo, correspondentes ao primeiro trimestre do 2020, iniciándose o cobro destes recibos a partir do 30 de abril.
Atendendo á crise sanitaria e económica actual, o Concello de Viveiro mantivo diversas conversas con Viaqua -empresa concesionaria do servizo de abastecemento de auga- e, de forma conxunta, acordouse a adopción dunha serie de medidas que se establecen co obxectivo de facilitar o pago dos recibos deste servizo:
O financiamento ou aprazamento de facturas, sen intereses, a todos os colectivos que ante esta situación excepcional presenten dificultades no pago das súas facturas; para isto, os usuarios deben contactar telefónicamente coa empresa concesionaria, que analizará cada situación en particular co fin de flexibilizar os pagos.
O plan de cota fixa (Plan 12 Gotas), ofrecido pola empresa concesionaria, que pode solicitar calquera cliente e que permite pagar todos os meses o mesmo importe en base ao consumo do ano anterior, regularizando ao final de ano a situación. No caso de que o importe sexa superior ou inferior ao consumido, devólvese a cantidade ou finánciase a pagar nos seguintes meses, respectivamente. Este plan ofrece a posibilidade de elexir a data do mes que prefira para a domiciliación bancaria.
A suspensión de todos os cortes de subministro; aínda que xa non se cortaba o suministro de auga a persoas en situación de vulnerabilidade económica, coa declaración de emerxencia sanitaria, ampliouse esta medida a todos os clientes, paralizando calquera acción de reclamación de débeda ou de cortes de subministro. Desta forma, garántese que un ben básico como é a auga chegue a todos os fogares; nun momento, ademais, no que a hixiene se convertiu nunha acción indispensable para previr o contaxio do COVID 19.
A ampliación do prazo do período voluntario de pago de facturas a 90 días.
Así mesmo, lémbrase que aqueles contadores que non puideron ser lidos antes do Estado de Alarma, serán estimados utilizando para iso a mesma lectura do mesmo período do ano anterior. No caso de industriais e comerciais que por actividade figuren correctamente descritos na base de datos da empresa concesionaria, realizarase unha estimación a cero a partir do 13 de marzo e durante o estado de alerta, tendo en conta que o Decreto 463/2020 obriga ao peche da actividade.
Deste xeito, conseguirase que o consumo estimado se achegue máis á realidade. Calquera exceso ou defecto na estimación, regularizarase en posteriores facturacións en canto se poida volver a realizar a lectura física e presencial.
No suposto de que non se devengasen as referidas taxas a partir da data da declaración do Estado de Alarma por peche de actividades, neses casos, será analizado e acordado o que proceda e, no seu caso, compensados ou devoltos eses importes nos seguintes recibos.
Con estas medidas, preténdese minimizar as consecuencias económicas desta pandemia; ademais, o Concello de Viveiro está traballando para poñer en marcha unhas medidas de reactivación económica dentro das propias competencias.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



