O Vicedo, 27 de abril de 2020.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo un encontro a través de videoconferencia cunha vintena de comerciantes e empresarios do Vicedo, unha iniciativa impulsada pola administración autonómica a petición do Concello desta localidade.
A xuntanza tiña unha dobre finalidade: por unha banda, escoitar as distintas demandas e resolver dúbidas que formularon os participantes e, pola outra, trasladar as distintas liñas de apoio que o Goberno galego ten en marcha dirixidas ás empresas e autónomos para contribuír a superar o impacto da crise do coronavirus.
Hoxe en particular, como principal novidade, o delegado avanzou que a Xunta vén de activar o prazo de solicitude da nova liña de apoios para que os traballadores acollidos a un expediente de regulación temporal de emprego (Erte), xa autorizado, e que aínda non cobraran as prestacións por desemprego do Goberno central, poidan recibir de forma inmediata un anticipo de 1.500 euros, cun tope mensual de 750.
Balseiro explicou que, polo momento, xa contan coa adhesión de tres entidades bancarias a esta iniciativa: Abanca, Caixa Rural e o Banco Sabadell. Con todo, a solicitude deste anticipo é moi sinxela, e debe realizarse a través da propia empresa acollida ao Erte. Pode obterse máis información, sobre este procedemento, no teléfono gratuíto 900 815 600 e na web específica habilitada no portal de Emprego Galicia.
No caso do Vicedo son seis as empresas que se acolleron a un Erte por causa de forza maior, fundamentalmente motivada polo peche obrigado da súa actividade durante o período de alarma, e a Xunta autorizou estes seis expedientes, polo que os traballadores poderían acollerse a esta liña de anticipos promovida polo Goberno galego.
Préstamos co tipo de interese subvencionado
Outro dos apoios máis demandados é información sobre os préstamos que a Xunta, a través do IGAPE puxo en marcha. Falamos de axudas dirixidas a proporcionar liquidez inmediata para as empresas (con independencia do seu tamaño) ou autónomos. As contías pode ser de entre 3.000 e 200.000 euros, cun prazo de amortización de ata 4 anos e 1 ano de carencia. A Xunta, neste caso, subvenciona o 100% dos tipos de interese.
A preguntas dos representantes de empresarios, Balseiro aclarou que estes préstamos poden destinarse tamén ao pago de débedas vencidas (incluídas as tributarias), salarios, reformas en locais para adaptalos as novas condicións sanitarias, compra de material (incluídos equipos de protección individual) ou a calquera outra necesidade de liquidez da empresa beneficiaria.
Cómpre lembrar que o prazo de solicitude destes préstamos remata o 30 de setembro, malia que o número de solicitudes é moi elevado, polo que é importante realizar os trámites canto antes para evitar que se esgote a partida de 250 millóns de euros asignada para estes apoios.
A xuntanza tivo moi boa acollida entre as empresas e comercios participantes que agradeceron á Xunta e ao Concello a iniciativa de convocar este encontro por medios telemáticos no que tamén estiveron presentes distinto persoal técnico das consellerías de Economía, Emprego e Industria, Mar, Medio Ambiente e Cultura e Turismo.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



