Burela, a 22 de abril de 2020. O Grupo Municipal do Partido Popular (GMP) burelés presentou, a principios desta semana, unha petición de aplicación dun segundo paquete de medidas para paliar os efectos tanto sanitarios, coma socias e económicos, que está a provocar a pandemia orixinada polo coronavirus. Os populares, por boca do seu portavoz, Manuel Rouco, consideran que “o Concello non pode deixar solos nin aos autónomos nin aos pequenos empresarios, pero sobre de todo non pode deixar desasistidas ao cento de familias que están a sufrir de forma directa o impacto desta crise”.
Rouco considera que a entidade local ten que tomar medidas sanitarias no ámbito da súa competencia: “o concelleiro de Sanidade, José Díaz, está preparando a presentación dun novo libro; parécenos moi ben. Pero aínda non sabemos nin o número de elementos de protección individual, máscaras e luvas, por exemplo, que se teñen recibido por parte do concello nin cal foi o seu reparto, e estas competencias son de Díaz, que cobra unha dedicación parcial que lle pagamos entre tódolos bureleses e burelesas. Podía facer un xesto, polo menos, e anunciar que reducirá o presuposto de Cultura no presente ano para dotar partidas de axudas socioeconómicas”, afirma.
“Tampouco temos coñecemento de ningún plan de desinfección, que é competencia do concello, e iso que o temos solicitado por escrito”, engade Rouco.
O portavoz popular considera que tanto “Alfredo Llano e José Díaz, alcalde e concelleiro de Sanidade, xa están tardando en mercar luvas, máscaras e/ou pantallas infantís para distribuír entre os menores de 14 anos que poderán saír a partires do domingo, e o mesmo lle pedimos para distribuír entre a poboación adulta, como están facendo outros concellos, casos de Mondoñedo ou Monforte, sobre de todo entre a poboación de risco, coma os maiores de 65 anos”.
Manuel Rouco lembra que o pasado 17 de marzo presentamos por escrito un paquete de medidas “aos que o alcalde non fixo nin caso, mesmo desprezándoas nunha xuntanza do comité de seguimento da crise. Pois ben, daquela solicitamos a redución proporcional ao cese da actividade do IBI, ou polo menos o aprazamento do pago do mesmo, para os autónomos e pequenos empresarios; solicitude que reiteramos porque nos parece de sentidiño. Tamén solicitábamos o mesmo trato cos recibos do lixo e da auga. Non se nos fixo nin caso, e a día de hoxe o alcalde non ten tomada ningunha decisión ao respecto”.
“Pois ben, nesta segunda petición de medidas que presentamos esta semana por escrito a través do rexistro electrónico”, sinala Rouco, “tamén demandamos que se tramite unha axuda de, cando menos, o 25% do recibo de autónomos, durante o estado de alarma, para todos aqueles empresarios que foron afectados por esta situación excepcional. E tamén a posta en marcha dunha axuda que permita o adianto da contía individual dos ERTEs, polo menos do 50% desta, para todos aqueles veciños e veciñas do noso Concello que, véndose afectados/as por esta figura e nunha situación particular de especial vulnerabilidade do seu núcleo familiar, aínda non viran retribuída dita contía”.
O portavoz popular engade que “a axuda ás persoas afectadas polos ERTEs e en risco de exclusión socioeconómica pode e debe artellarse a través da partida económica, debidamente ampliada, de 17.500 euros que xa figura nos orzamentos de 2019 prorrogados para o presente ano e en vigor”.
Manuel Rouco indica que “se os autónomos, pequenos empresarios e familias afectadas por esta crise xa se están apertando o cinto, o concello ten que facer o mesmo e ser solidario co noso tecido socioeconómico. A xente xa está farta do discurso baldeiro de Llano, falto de iniciativa e de solucións. Semella vivir noutro mundo, logo de levar case que seis semanas de paralización da actividade económica. Iso si, el segue cobrando o mesmo”.
Rouco considera que “Llano debe, de inmediato, artellar as medidas de aplicación da parte do superávit económico do que tanto presume, para habilitar fondos para axudar ao tecido socioeconómico do noso concello. Non é de recibo ver como outros concellos activan medidas económicas e aquí, en troques, ímonos de viaxe virtual ou presentamos libros”, conclúe.




















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.



