Lugo, a 30 de abril de 2020. O Partido Popular demanda ao Goberno que explique as medidas que ten previsto para que os lucenses afectados polos ERTEs cobren xa a prestación que lles pertence. O senadores, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Varela, veñen de rexistrar unha pregunta neste senso na Cámara Alta, advertindo que son unhas 4.000 empresas da provincia as que se viron obrigadas a solicitar un Expediente de Regulación Temporal de Emprego por mor da crise sanitaria.
A aparición da pandemia, ademais das de saúde pública, ten graves consecuencias para a economía en xeral. En Lugo, foron incluídos no modelo indicado máis de 14.000 traballadores que, a día de hoxe, aínda non saben cando van percibir a prestación correspondente, debido á xestión deficitaria do SEPE. “14.000 lucenses que teñen vivendas que soster ou facturas que pagar e que, nestes momentos, a súa economía depende da axilidade do departamento estatal que, lamentablemente, non está a actuar coa dilixencia que debería”, relatan na súa iniciativa os senadores populares.
E é que o atasco na tramitación do ERTEs provoca que a gran maioría dos afectados non cobren ata comezos de maio, no mellor dos casos, ou incluso ata xuño. Esta dilación “inaceptable” nos prazos está a ocasionar incertidume en moitas familias que non saben como van afrontar os seus gastos mensuais, ao descoñecer cando van a recibir os ingresos que lles pertencen.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



