Lugo, 27 de abril de 2020. Nos próximos meses, en canto se inicie a desescalada na crise sanitaria provocada polo virus Covid-19, será fundamental manter nas mellores condiciones hixiénicas posibles as zonas e servizos de uso público na provincia, especialmente nas de maior concorrencia de público. Para que ese obxectivo sexa viable, o PP considera necesario adoptar medidas a tempo, de maneira que as tarefas de desinfección se leven a cabo de maneira programada, sistemática e eficaz. Con este fin, o portavoz do Grupo Provincial Popular, Javier Castiñeira, propón ao goberno da Deputación, presidido polo socialista José Tomé, a creación dun servicio de desinfección que chegue a todos os concellos lucenses. Castiñeira recorda que, inexplicablemente, o presidente da Deputación négase a convocar a reunión da xunta de portavoces solicitada polo PP para tratar das medidas a aplicar para paliar as consecuencias da pandemia. “Como non quere convocar á xunta de portavoces, temos que expoñer as nosas propostas por outros medios; tamén esta vez, o PP vai por diante e aporta iniciativas fronte á falta de previsión e de planificación do goberno provincial”, declarou Castiñeira.
Castiñeira considera que o citado servizo debe estar integrado por seis equipos: dous deles dedicados á zona norte da provincia, dous aos concellos do centro e, os outros dous, centrados na zona sur.
O servizo que propón o PP podería estar constituído polo persoal e medios técnicos do Consorcio de Bombeiros, Vías e Obras e Parque Móbil.
O portavoz popular indica que o servizo de desinfección ten que operar baixo unha coordinación que faga posible que en cada concello se leven a cabo as tarefas de desinfección nos lugares, infraestruturas, servizos e equipamentos nos que sexan máis necesarias. Destaca tamén que a execución desta iniciativa non tería un custe especialmente relevante para a Deputación, mentres que o beneficio social pode chegar a ser moi alto.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



