Lugo, a 17 de abril de 2020. “Unha vez máis, o presidente da Deputación acerta cando rectifica” dio o viceportavoz do grupo provincial do PP José Antonio García, á vista da decisión do socialista José Tomé de comprar material sanitario de protección fronte ao Covid-19 case un mes despois de que se negara a facelo a petición do Partido Popular no transcurso do máis recente pleno (celebrado por vía telemática). O PP esixe criterios claros, transparentes e xustos para a distribución dese material entre os concellos.
García di que no PP recibiron con satisfacción a noticia de que a Deputación compra material de protección sanitaria fronte ao coronavirus, tanto para o seu persoal como para distribuír entre os concellos da provincia. José Antonio García sinala: “É unha medida que chega tarde, mal e arrastro, pero, con todo, o importante é que, por fin, o presidente Tomé rectificou e, como ocorre con moita frecuencia no seu caso, acertou. É unha pena que perdera tanto tempo en tomar unha decisión que o PP levaba tempo pedíndolle insistentemente”. O mesmo representante popular lembrou que, na sesión plenaria celebrada telematicamente, Tomé dixo que non quería comprar ese material para non facer a competencia a outras administracións que xa estaban en proceso de adquisición porque o mercado estaba moi difícil.
José Antonio García di que, unha vez decidida a compra, é preciso que a Deputación fixe un protocolo, criterios claros, transparentes e xustos para a distribución do material sanitario de protección. O viceportavoz popular di: “É necesario que cada Concello, que os veciños de cada municipio de Lugo, saiban canto material lles corresponde e por que”. Nesta liña, José Antonio García pon como exemplo á Xunta de Galicia, que da a coñecer en detalle a distribución do material de protección. “Hai que facer público o protocolo que se seguirá pola Deputación para que todos os veciños da provincia teñan información detallada e puntual”.


















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



