A Mariña, 11 de abril, 2020. Unha vez máis, a Xunta de Galicia actúa con nocturnidade e aleivosía ao publicar lexislación no Diario Oficial de Galicia en épocas de baixa actividade dos sectores produtivos e das organizacións sociais, e sen consulta previa as órganos consultivos como o Consello Forestal de Galicia.
É certo que era imprescindible establecer pregos de condicións claros para cada actuación e que toda a actividade agraria nas áreas de protección se ve afectada pola indefensión de non ter claro que accións se poden realizar e a interpretación que se poida facer dos regulamentos. Pero isto vén derivado do incumprimento da propia administración que leva case 20 anos sen elaborar os plans de ordenación, xestión e usos a que obriga a lexislación en materia de conservación da natureza, patrimonio natural e biodiversidade de Galicia (Lei 9/2001 e Lei 5/2009).
Tamén que se facía necesario axilizar os prazos nos que determinados servizos emiten os informes para que a consellería do medio rural poida autorizar ou denegar a realización de actividades agrarias.
Sempre demandamos que a protección dos espazos non se pode facer sen contar coas persoas que habitan o medio, as formas de vida e as súas actividades económicas; máis tamén somos conscientes de que hai que poñer certas limitacións ao tipo de prácticas que se realizan, así como dotar das medidas económicas e fiscais necesarias para compatibilizar ambas cousas. E, sobre todo, que non se pode establecer a presión sobre as actividades agrarias e ser permisivos coas industriais.
Con todo, consideramos que non se debe obviar o impacto que supoñen as cortas de arboredo, especialmente as cortas a feito, no entorno no que se producen. Impactos sobre a flora e fauna do lugar, sobre as formacións e parcelas colindantes, sobre os camiños de acceso, sobre cursos de auga, etc… Por iso, consideramos que en espazos protexidos e zonas de policía dos leitos deben seguir a vía de solicitude de autorización. Aquí non serve que a posteriori se poidan abrir dilixencias por malas prácticas, erros ou omisións, porque o dano xa estará feito e non haberá volta atrás.
Ao mesmo tempo, instamos á administración sectorial a cumprir coa normativa e a establecer os plans necesarios onde se detallen os tipos de actuacións permitidas ou prohibidas e os protocolos de actuación en aras dunha seguridade xurídica para as persoas. Tamén pedimos que se dote dos medios necesarios para axilizar os trámites e resolución de expedientes.
Ao mesmo tempo, para os aproveitamentos de uso doméstico débense establecer os pregos de condicións necesarios para que estes se fagan con garantía mediante o procedemento de comunicación dos mesmos.
Esta orde aplícase, en xeral, para masas forestais dos xéneros pinus, eucalyptus, acaia e pseudotsuga nas zonas de protección de estradas autonómicas, terreos da rede galega de espazos protexidos, Rede Natura 2000 e zona de policía dos leitos da demarcación hidrográfica galicia-costa. Se ben fai puntualizacións por especies e deixa excluídas as actuacións nas figuras das zonas de especial protección de aves (ZEPA), parques, reservas naturais, monumentos naturais, áreas críticas de especies incluídas no catalogo galego de especies ameazadas e hábitats sensibles (complexos dunares litorais e hábitats turbosos); non é xustificación para que as talas de madeira se executen sen as inspeccións previas necesarias.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



