Lugo, 21 de abril de 2020. A deputada no Parlamento de Galiza por Lugo, Olalla Rodil, mantivo unha xuntanza telemática con representantes e produtores do sector agrogandeiro das comarcas e terras de Lugo. A finalidade deste encontro é ter información de primeira man, na que persoas provenientes do sector partillen impresións e experiencias para formular unha análise da situación que están a vivir nesta crise producida polo COVID-19.
Desde o BNG compartimos as preocupacións co sector agrogandeiro, como a baixada de prezos que están a sufrir en orixe, a baixada de produción por parte da canle HORECA (hostalería e restauración) e a súa recolocación no mercado como tamén a falta de medidas concretas que respondan a realidade do noso país supoñen un chanzo máis nos efectos desta crise.
Porén, a organización frontista insta á Xunta de Galiza a que deseñe e aprobe medidas específicas para compensar a caída dos prezos como tamén a promoción e impulso dos mercados de proximidade coa súa reapertura garantindo as medidas de seguridade. O fin que perseguen é garantir a viabilidade económica e a súa funcionalidade social de produción de alimentos para a sociedade.
Olalla Rodil declarou “as medidas que impulsou o Ministerio de Agricultura son claramente insuficicientes e inxustas coas explotacións galegas, non teñen para nada en conta a realidade, as especifici/dades do sector agrogandeiro galego”.
A deputada subliñou por parte da xestión do goberno galego neste ámbito “ a Xunta de Galiza non está a despregar toda axuda, todas as medidas que podería e debería levar adiante o goberno galego para compensar a paliar esa caída dos prezos en orixe das explotacións, especialmente de vacún, de ovino e de caprino”
O Bloque Nacionalista Galego segue traballando para poder levar adiante medidas para paliar os efectos económicos e sociais que está a producir o coronavirus na nosa sociedade.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



