Cervo, a 8 de maio de 2020. Membros do comité de Cyrgasa e delegados e delegadas da CIG nas auxiliares de Alcoa San Cibrao realizaron esta mañá unha acción de protesta simbólica en defensa do emprego e contra o desmantelamento da factoría. A acción consistiu nun reparto de follas informativas entre os traballadores e as traballadoras que entraban na quenda da mañá e desenvolveuse coincidindo co inicio do período de consultas dos ERTE presentados polas auxiliares Cyrgasa e Reymogasa, que afectarán 50 operarios/as.
Esta acción forma parte das medidas contra a decisión da multinacional do aluminio de non reconstruír as cubas de electrólise ao remate da súa vida útil, avanzando así no plan de desmantelamento da factoría de San Cibrao. A CIG xa advertiu que esta medida suporá que, de aquí até final de ano, 90 das 512 cubas que hai estarán mortas, ademais de ter consecuencia directa sobre os empregos dos 50 traballadores/as de Cyrgasa e Reymogasa que se dedican as tarefas de rebrascaxe.
De feito, a protesta deste venres realizouse coincidindo co inicio do período de consultas do ERTE presentado por estas auxiliares. “Alcoa aprovéitase da emerxencia sanitaria da Covid19 para continuar co desmantelamento da factoría, seguindo un proceso similar ao levado a cabo nas plantas da Coruña e Avilés”, advírtese na folla repartida hoxe.
Dentro das medidas de resposta á decisión de Alcoa acordouse tamén a suspensión das horas extraordinarias e promover a presentación de mocións de apoio en todos os concellos da Mariña, instando, entre outras demandas, a Xunta e o Goberno español a intervir na defensa dos empregos e da actividade industrial.
A este respecto, a CIG reclama de Alcoa e das auxiliares un compromiso social coa comarca, que non se elimine ningún posto, que o persoal afectado sexa recolocado noutras actividades dentro da factoría, ou como mínimo, que ningún traballador vexa reducida a súa capacidade adquisitiva.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



