Alfoz, 13 de maio de 2020. O Concello de Alfoz prepara as instalacións da biblioteca municipal de cara a súa apertura ao público a partir do luns 18 de maio, tralo seu peche pola crise do Covid-19.
Entre as medidas levadas a cabo para garantir que as instalacións cumpran os criterios de seguridade destacan a limpeza, ventilación e desinfección diaria do edificio (entrada principal, acceso, biblioteca e baños) e equipos de traballo; a colocación dunha mampara de separación na mesa de traballo da bibliotecaria; a colocación de xel hidroalcohólico na entrada da biblioteca e a entrega de máscaras para os usuarios/as que carezan delas.
Ademais reorganizáronse as áreas de acceso e circulación da biblioteca, marcando as distancias de seguridade e habilitando un espazo para depositar libros e demáis materiais devoltos polos socios/as, que pasarán un período de 14 días antes de ser devoltos aos fondos da biblioteca para novos préstamos.
O aforo da biblioteca redúcese para poder manter a distancia de seguridade, sendo 3 persoas adultas e 2 nenos/as as permitidas na zona habilitara para a lectura.
Os usuarios e usuarias poderán consultar as novas normas de uso e servizos da biblioteca nas instalación da mesma e na páxina web do concello www.concellodealfoz.com.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



