Lugo, 13 de maio de 2020. O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, mantivo unha reunión por videoconferencia cos patróns maiores das confrarías da Mariña lucense. A iniciativa tiña por obxecto poñerse a disposición dos profesionais do mar, como se ten feito desde o inicio da crise sanitaria, e trasladarlles unha serie de iniciativas en apoio do sector promovidas pola administración autonómica.
A máis novidosa é a posta en marcha dunha campaña para animar á cidadanía a consumir produtos do mar e impulsar os seus prezos durante a crise do coronavirus. A iniciativa está presente nos puntos de venda das principais distribuidoras a través de material repartido pola Consellería do Mar, que destina aos establecementos un total de 7.000 carteis, 7.000 vinilos e 24.000 letreiros promocionais que estarán expostos nos lugares de compra dos produtos do mar.
Nestes materiais anímase a adquirir produtos pesqueiros que achegan, entre outros beneficios saudables, a vitamina D necesaria na dieta e tamén promove apoiar o importante esforzo que están a facer os profesionais do mar no escenario actual como parte do traballo esencial para asegurar o abastecemento de alimentos de calidade á sociedade.
Seguridade, hixiene e saúde
A esta accións no ámbito promocional sumáronse ás recomendacións de seguridade e hixiene remitidas pola Xunta ás lonxas, á frota e ao marisqueo, así como aos elementos de protección distribuídos nos distintos portos da bisbarra para o seu uso polos profesionais da pesca, do marisqueo, das lonxas e do sector bateeiro co obxectivo de evitar contaxios e de favorecer o mantemento da actividade con garantías tanto durante a crise como no futuro.
No ámbito sanitario, Balseiro avanzou que Xunta e Goberno central avanzan no deseño dun protocolo de actuación específico para os casos de posibles enfermos por coronavirus en buques nacionais. Para o Goberno galego, que sempre reclamou esta ferramenta é indispensable que canto antes exista un documento que ofreza certezas ao sector e estableza os pasos concretos a dar en caso dun positivo por Covid-19.
Neste mesmo ámbito a Xunta pide ao Goberno central que analice a posibilidade de aplicar de xeito flexible as directrices sobre a realización das probas de diagnóstico a tripulantes de buques de altura e gran altura que realizan mareas de máis de 10 días e carecen de atención médica especializada inmediata, así como tamén a posibilidade de axilizar as probas previas aos embarques, por exemplo, a través dos recoñecementos médicos do ISM.
Aprobados todos os ERTEs solicitados
O delgado explicou que no ámbito laboral aprobáronse o cen por cen dos expedientes de regulación temporal de emprego solicitados (ERTES) neste sector, 3 deles afectaron a busques pesqueiros, 11 a empresas de conxelado e un máis a tendas comercio de produtos pesqueiros. En total 94 traballadores víronse afectados.
Finalmente, Balseiro, fixo un repaso da situación e previsións concretadas das obras en marcha nos distintos portos da Mariña, entre elas, os dragados en Viveiro, Celeiro e Ribadeo, a construción do segundo martelo en Burela, por citar as máis relevantes na súa contía e envergadura.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



