Ribadeo, a 27 de maio de 2020. As familias de Ribadeo xa poden solicitar as bolsas de comedor da Xunta para compensar o período de suspensión das escolas infantís. Así o indica o voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo, Daniel Vega, quen explica que as familias beneficiarias serán as que teñen unha renta mensual inferior aos 403 euros e percibirán unha axuda de 2,5 euros ao día. No caso de que os ingresos superen a cifra indicada e cheguen ata os 672 euros, a bolsa será de 1,5 euros diarios.
“É unha decisión moi acertada a de investir nas familias, pois eses aforros de manter a escola pechada serán destinados á alimentación dos nenos”, destaca o popular, ao tempo que indica que “imos seguir traballando na mesma senda e incluso na mellora das instalacións”.
Prazo de matrícula
Neste senso, o tamén deputado no Parlamento de Galicia lembra que ata o 29 de maio está aberto o prazo de matrícula para inscribir aos rapaces desta idade na rede autonómica de escolas infantís, que está integrada polas dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais e do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, ademais das de titularidade municipal e das dependentes de entidades privadas de iniciativa social, que tamén reciben financiación do Goberno galego
Bono Concilia
Daniel Vega tamén advirte ás familias de Ribadeo da posibilidade de solicitar o Bono Concilia, destinado a colaborar no pagamento dunha praza correspondente a unha escola infantil privada da súa elección respecto do primeiro fillo, naqueles casos en que queden en lista de espera na escolas infantís sostidas con fondos públicos ou residan en localidades nas que non existes prazas públicas.



















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



