Viveiro, 27 de maio, 2020. Desde o BNG cremos que hai que pór en valor e darlle a máxima das vantaxes e prioridades a unha mobilidade respetábel co medio ambiente, saudábel e económica para as persoas, tales como a bicicleta e os novos medios de transporte a batería de mobilidade individual, como os patíns eléctricos. Míriam Bermúdez afirma “Viveiro é unha vila con futuro mais para isto hai que traballalo. A crise do coronavirus fixo ver que a veciñanza quere apostar por este tipo de mobilidade e que en gran parte non o fai ao non sentirse seguros, pois, viandantes, ciclistas, automobilistas e persoas sobre patíns, atópanse en numerosas ocasións que non saben cómo actuar, cunhas leis que non son de todo precisas, e incluso moitas delas, nen sequera están actualizadas.”
“Ningunha cidade se volveu sustentábel da noite ao día, nin espertou con centos de quilómetros de carrís bici dun dia para outro. Hai que comezar pouco a pouco, pois as promesas de grandes obras con numerosos quilómetros de carrís bici dependen dun gran desembolso económico que na maioría dos casos nunca saen para adiante ao depender de tantas administracións, xa non falemos das longas esperas para formalizar estes proxectos e actuaccións”, indica Míriam Bermúdez.
Continuando coas propostas do BNG para os orzamentos do 2020, as nacionalistas apostan por Reforzar as inversións en obras, equipamentos e infraestruturas municipais, con dúas actuacións principais: “o BNG teno claro e agardamos que nos sigan o resto de forzas políticas, hai que traballar na coexistencia de bicicletas con outros vehículos, priorizar a seguridade dos ciclistas comezando por implementar ciclorúas nas zonas máis urbanas do concello, así como ir comezar a sinalar carrís-bici nas zonas do concello que o permitan, para pouco a pouco ir conectándoos”, asegura Bermúdez. As ciclorúas son viais con preferencia ciclista que pode ser usadas tamén por patíns eléctricos, nas que as persoas que utilicen estes medios de transporte terían a máxima das preferencias fronte o resto, coa obrigatoriedade de circular polo centro do carril e limitar a velocidade destas estradas a 30 qm/h.
A concelleira nacionalista tamén propuxo “seria esencial ir dotando o Concello de aparcabicicetas na medida que se poida, dispersos polos lugares públicos e de gran afluencia para comezar, que sexan seguros permitindo atar a bici ao cadro, visíbeis e iluminados. Mesmo hai que permitir amarrar libremente as bicicletas e patíns en farolas e árbores sempre e cando permitan unha mobilidade peonil cómoda. Tamén é preciso habilitar zonas avanzadas de espera para ciclistas nos semáforos, que son espazos para uso exclusivo dos ciclistas para que se poidan situar diante dos coches detidos nos semáforos en vermello.
Cremos que hai que comezar por instaurar estas zonas de preferencia ciclista nas zonas máis urbáns do Concello, conectándoas entre si para logo ir extendéndoas ao resto de parroquías xunto os carrís-bici que se poidan ir creando segundo as posibilidades de cada rúa. Como ben dixemos nun principio, ningunha cidade espertou con centos de quilómetros de carrís bici-patinete dun dia para outro, e hai que comezar dunha vez por todas con esta demanda histórica da veciñanza.
Míriam Bermúdez destaca que “é algo económico de implantar, só se necesita pintura e algún sinal vertical. Non podemos perder esta ocasión na que a xente está saíndo ás rúas coas súas bicicletas, pois atrasalo no tempo suporá non facelo, como ocorreu até o de agora. Si observamos as cidades que priorizaron a mobilidade sustentábel, ningunha se botou para atrás. É unha aposta segura!” afirma a concelleira nacionalista.
Míriam Bermúdez tamén aclara que “o BNG presentará a súa moción para o pleno de xullo en tempo e forma coma sempre, polo que estará á escoita de calquer suxerencia ou proposta que queira facernos a veciñanza así como do resto de forzas políticas co fin de obter os apoios necesarios no pleno para facer que Viveiro sexa ciclabél.”
















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



