Os lazos foron realizados de maneira gratuíta polos comercios asociados A Bolboreta e Paquetería Nuria. A iniciativa, proposta pola directiva, tamén pretende ser unha homenaxe ao sacrificio de todos os profesionais que prestaron os seus servizos poñendo, en moitos casos, en perigo as súas propias vidas. O Comercio Asociado de Viveiro aproveita para reiterar o seu compromiso na calidade das medidas sanitarias adoitadas, así como o cumprimento das normas que garantan unha desescalada exitosa e minimice o risco de repunte do virus.
