Lugo, 28 de maio de 2020. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríquez, recibiu hoxe a unha representación da Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo encabezada polo seu presidente, Cheché Real, cos que tratou dos problemas que lle plantexa ao sector a crise sanitaria do COVID-19.
A subdelegada explicoulles que comprende a preocupación desde sector, de gran importancia para o emprego e a economía da provincia de Lugo, polos efectos da pandemia. Neste sentido, Isabel Rodríguez lembrou o compromiso decidido do Goberno, que desde o primeiro momento saiu en apoio tanto dos traballadores como de todos os autónomos e pequenos empresarios que se viron afectados pola grave crise sanitaria..
Isabel Rodríguez remarcou que desde que se decretou o estado de alarma o Goberno estableceu un importante paquete de medidas económicas, entre as que se inclúen as axudas extraordinarias aos autónomos afectados polo peche de actividade.
De feito, a subdelegada anunciou que mañá mesmo o Goberno ten previsto aboar esta prestación extraordinaria a 10.069 autónomos da provincia de Lugo. Esta medida implica unha prestación equivalente ao 70% da base reguladora e a exención temporal da cota da Seguridade Social.
O Goberno leva destinado 2.500 millóns de euros a sufragar a prestación extraordinaria desde que se puxo en marcha esta medida, á que se acollen tanto autónomos que se viron obrigados a pechar a súa actividade debido ao estado de alarma sanitaria como aqueles que sufriron unha merma do 75% na facturación do mes natural anterior á fecha de solicitude.
Os principais beneficiarios desta prestación son os sectores da hostalería, o comercio e a construcción. O seu obxectivo é protexer a falta ou merma considerable de ingresos motivada pola situación excepcional provocada polo COVID-19 e axudar á supervivencia destes negocios.


















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



