Lugo, a 8 de maio de 2020. O senador lucense, José Manuel Barreiro, recoñece que as últimas noticias sobre a situación de Alcoa “son moi preocupantes” e atisban que o final da planta de San Cibrao pode ser o seu peche definitivo. Por este motivo, e co fin de presionar ao Goberno para que non eluda a súa responsabilidade sobre este asunto, a pesares de estarmos inmersos nunha crise sanitaria, pedirá no Senado que o Executivo de Sánchez aprobe o estatuto electrointensivo para que a multinacional poida seguir producindo cuns prezos competitivos.
“Esta é a clave do asunto. Nin a parálise das cubas que xa están a piques de rematar a súa vida útil, nin a crise sanitaria son o problema. Isto é unha cuestión dos prezos e cos actuais Alcoa non pode competir a nivel mundial. Alcoa e A Mariña non estarían en corentena permanente dende hai dous anos se o Goberno tivese aprobado o estatuto. Tempo tivo dabondo porque tanto o Partido Popular, como o comité de empresa, os traballadores e as empresas auxiliares levamos advertindo da situación meses sen obter unha resposta por parte do Goberno”, destaca.
O Goberno desvía o problema
É, por este motivo, adianta, “que seremos moi contundentes e non aceptaremos que se desvíe o problema por outras vías”. “Todos sabemos que a pandemia derivou tamén nunha redución da demanda de aluminio, pero isto no é escusa para non atallar a cuestión. A solución é moi simple e volto a dicilo, que o Goberno aprobe o estatuto e Alcoa e os 5.000 traballadores que dependen desta fábrica respirarán por fin tranquilos”, manifesta.
“Nunca Galicia tivo un ministro ou ministra que tampouco fixo pola súa terra”
Dado que “estamos a falar da maior industria da provincia”, xeradora de miles de postos de traballo directos e indirectos, o popular apela tamén á responsabilidade da ministra de Traballo. “A Sra. Yolanda Díaz é galega, a Sra. Yolanda Díaz é coñecedora de que a responsabilidade é do seu Goberno, pero, sen embargo, semella que o tema non vai con ela. Nunca antes Galicia tivo un ministro ou ministra galega que tan pouco fixese pola súa terra”, sentencia.
Cos traballadores
Deste xeito, e tal e como xa lles anunciaron en días pasados o propio Barreiro, os alcaldes de Xove e Cervo, a presidenta provincial e Jaime De Olano ao comité de empresa, o senador advirte que “non baixarán a garda” e seguirán pedindo no Senado e nas demais administracións que o Goberno, que é quen ten as competencias, pode solucionar se quere o problema coa aprobación do documento electrointensivo.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



