O Valadouro, 8 de maio 2020. No Pleno telemático celebrado no día de onte no concello de O Valadouro, aprobáronse por unanimidade as mocións presentadas polo grupo municipal do Bng. Na primeira delas os nacionalistas demandaron medios para que o estudantado do Valadouro poida realizar exames ou consultas on-line durante a pandemia do Covid19.
Así mesmo e relacionado con esta crise económica e social que se está a vivir, “instamos a solicitar da Xunta iniciar a elaboración dun plan galego de reactivación económica e donde queden claras as competencias de cada administración e que a Xunta complemente as medidas do Estado para axudar a autónomos e pequenas e medianas empresas, que son as que constitúen o tecido económico local no noso concello”, afirmou o portavoz nacionalista Eduardo Chao.
E xa por último, no capítulo de mocións, aprobouse tamén unánimemente a proposta do Bng de apoio ás traballadoras e e traballadores das empresas auxiliares de Alcoa “donde 50 persoas corren o risco de perderen os seus postos de traballo pola situación que se está a vivir na factoría de San Cibrao, e por eso solicitamos tamén a urxente intervención da Xunta e do Goberno do Estado nesta problemática” manifestou o concelleiro do Bng Eliseo Teijeiro.
O suplemento de crédito para atender necesidades derivadas da crise do Covid19 que a alcaldía pretendía aprobar en solitario, volverá a ser tratado nun vindeiro pleno despois de consensualo nunha xunta de portavoces
Outro dos temas importantes deste pleno era a proposta da alcaldía de aprobar un suplemento de crédito por importe de 509.636,53€ para atender diversas necesidades do concello, na maioría derivadas supostamente da crise do Covid19. Esta cantidade ía ser detraída dos remantentes, que agora mesmo no concello de O Valadouro ascenden a 939.426,52€.
“O Bng deixou claro que está a favor de que se dediquen recursos municipais para reactivar o Valadouro despois desta crise, ademais de esixirlle á Xunta e ao Estado que aporten tamén, pero ese plan de activación local debe ser consensuado entre todos os grupos para melloralo e ao mesmo tempo para preservar a economía municipal, pois non sabemos o que vai durar esta crise e o concello tén moitas necesidades” afirmou Eduardo Chao, portavoz municipal.
A proposta da alcaldía non prosperou, e polo tanto terá que haber unha xunta de portavoces para poder facer propostas todos os grupos e levar ao vindeiro pleno un documento consensuado que beneficie a toda a veciñanza do Valadouro e se lle díe solución a moitos problemas urxentes que agora tén o concello.
Necesidade de elaborar os orzamentos 2020
Eduardo Chao recordoulle tamén ao alcalde que este debe elaborar os orzamentos 2020, que deberá ter que consensuar con toda a corporación para aprobalos, pois son moitas as carencias que agora mesmo tén o concello. Recordoulle tamén que non se pode intentar elaborar uns orzamentos por partes intentando camuflalos nas medidas que en solitario intentaba aplicar para a crise do Covid19.


















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



