Cervo, 14 de outubro, 2026. Evangelina Martínez, veciña de Cuíña, celebrou os seus 102 anos rodeada da súa familia e seres queridos. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ao seu domicilio para felicitala persoalmente e entregarlle, en nome do Concello, un detalle con motivo desta data tan especial.
Desde o Concello de Cervo fíxoselle chegar un ramo de flores como mostra de cariño e recoñecemento, sumándose á alegría da súa familia por este aniversario tan significativo.
Evangelina destaca pola súa alegría, bo humor e vitalidade, cualidades que a converten nunha persoa moi querida no municipio. Ao longo da súa vida dedicouse á labranza e foi construíndo unha historia chea de vivencias, recordos e anécdotas que continúa compartindo cos seus.
A alcaldesa trasladoulle os seus parabéns e os mellores desexos, subliñando a emoción que supón celebrar os 102 anos dunha veciña e compartir con ela e coa súa familia unha ocasión tan especial. “É unha alegría enorme poder acompañar a Evangelina e felicitala polos seus 102 anos. É todo un privilexio celebrar unha vida tan longa, chea de experiencias e recordos, e facelo rodeada do cariño da súa familia. Desde o Concello queremos transmitirlle todo o noso afecto e desexarlle moita saúde e benestar”, sinalou García Caramés.




















O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



