A Mariña, 14 de outubro, 2026. Todo está preparado no Auditorio Félix Menéndez – Casa da Cultura da Veiga/Vegadeo para acoller a novena edición do Día da Muller Rural de Asturias, unha xornada na que se entregará o recoñecemento a Úrsula Villabrille Martínez, pastora de cabra bermeya, eguas e ovellas na parroquia de San Martín del Valledor (Ayande/Allande).
A xornada comezará ás 11:30 horas coa inauguración institucional, na que participarán a concelleira de Benestar Social, Maiores e Igualdade da Veiga, Lupe García Miranda; o presidente do CEDER Oscos Eo, César Villabrille Quintana; o presidente da Red Asturiana de Desarrollo Rural (Reader), Belarmino Fernández Fervienza; a directora de Sector Primario e Agroalimentación de Caja Rural de Asturias, Mónica Fernández Álvarez; e a vicepresidenta do Goberno e conselleira de Presidencia, Reto Demográfico, Igualdade e Turismo do Principado de Asturias, Gimena Llamedo González.
O acto central, coa entrega do galardón Muller Rural de Asturias 2026 a Úrsula Villabrille, terá lugar a partir das 12:00 horas. Villabrille puxo en marcha desde cero unha gandaría de cabra bermeya —raza autóctona en perigo de extinción— grazas, en parte, ao uso de monte de utilidade pública. Destaca tamén pola súa implicación comunitaria: é secretaria da Parroquia Rural de San Martín del Valledor e presidenta e fundadora da Asociación de Mujeres del Valledor (AMUVA), un espazo de encontro e formación con arredor de 85 socias, residentes e non residentes.
Ás 12:30 horas dará comezo a mesa redonda ‘Sembrar futuro rural: Agricultoras que transforman el territorio’, moderada pola xornalista e locutora de radio Sonia Avellaneda Casielles. Participarán Paula Cristóbal Caso, produtora en La Güerta Monga; Eva Quiroga, coordinadora de Eo Alimenta; e Isabel Rubio García-Braga, produtora en Finca El Ribeiro.
A xornada será clausurada polo conselleiro de Medio Rural e Política Agraria, Marcelino Marcos Líndez, e contará cun peche musical a cargo de Carmelita Trío.


















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



