Santiago de Compostela, sábado 16 de maio de 2020. “Sánchez deja Galicia y al noroeste de España sin vuelos internacionales durante el Estado de Alarma”. Así o asegurou este sábado a portavoz de Cs en Galicia, Beatriz Pino, tras consultar o BOE e comprobar que tan só poderán acoller voos internacionais durante o Estado de Alarma os aeroportos de Barcelona, Madrid, Gran Canaria, Málaga e Palma de Mallorca.
A responsable da formación liberal ha lembrado que Galicia conta con tres aeroportos que ata a data levaban a cabo voos internacionais. “Sánchez deja el noroeste de España excluido de la posibilidad de llevar a cabo estos vuelos”.
Pino destacou que o aeroporto de Lavacolla, con 20 conexións internacionais, está considerado como un dos principais aeroportos internacionais de España debido á súa capacidade e experiencia. “No podemos tolerar que el Gobierno central discrimine una vez más a los gallegos frente al resto de los españoles”. Neste sentido, a líder de Cs en Galicia criticou que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo non faga nada por evitar este “constante ninguneo de Sánchez con nuestra comunidad.”


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



