Ribadeo. Día de sol e vento, 24 de maio.
Nunha vila como a nosa non é doado percibir o cambio que o COVID-19 induce no clima. Máis aínda cando a cantidade dalgúns contaminantes como o dióxido de carbono, a nivel mundial, segue a incrementarse como amosan as medidas no observatorio de referencia, no alto das montañas de Hawaii. E se segue a incrementarse é porque a variación non é tanta como se pensa, aínda que sexa moita. [Nota: Se o observatorio está no alto e nunha zona apartada é precisamente para permitir que a atmosfera se mesture ben antes de medir. E iso leva o seu tempo, o que aminora as variacións puntuais]
O caso é que aínda así, co parón industrial, a redución da queima de combustibles fósiles, as ‘necesidades sociais’, etcétera, que se manifestan en plena pandemia, tamén queda patente a resiliencia -máis ben, a súa falta- da sociedade ante os cambios necesarios.
Os satélites teñen documentado xa o ciclo de desaparición de contaminantes en diversas zonas coa rebaixa da actividade pola pandemia, e tamén, despois, o comezo do novo aumento a medida que se van restablecendo condicións de máis actividade, mesmo sobrepasando a contaminación anterior. Pero iso ‘dos satélites’ ás veces quédanos moi lonxe sobre as nosas cabezas para darnos por aludidos, vese como maxia e, ó tempo, algo irreal, virtual, cunha relación connosco abondo laxa -a non ser que nos interesen os datos para ‘xa’, como na predición meteorolóxica-. Por iso resulta ás veces máis práctico caer na conta de detalliños. Como o é nunha grande cidade notar que se ven as montañas ó lonxe. Así, en Katmandú rematan de ter á vista o Everest, a 200 km de distancia, algo que hai moito tempo que non era posible pola contaminación dunha cidade de dous millóns e medio de habitantes. Polo que parece, a última xeración non coñecía tal.
Coido que esta tempada de verán que se achega teremos ocasión de preguntar á xente que vive na vila e corte se en abril vían mellor Navacerrada ou non. Aínda que é posible que, afeitos a vela entre a néboa, moitos nin se apercibiran dos posibles cambios. Ou sexa, como sucede en Ribadeo cos cambios menores. Os atardeceres destes primeiros días de saída tralo confinamento, co Sol sobre o Cantábrico, moitos deles asombrosos, non son moi diferentes dos doutros momentos antepandemia. Sorte que temos.
Pero esa falta de percepción pode levar a desligar dúas cousas moi relacionadas: a incidencia da pandemia nas nosas vidas e os efectos ‘prácticos’ da resposta que lle estamos a dar para protexernos, e a incidencia nas enfermidades do desastre ambiental que temos montado a nivel mundial, aumentando o dióxido de carbono e o efecto invernadoiro tanto como diminuíndo a biodiversidade ou envelenando aire e agua. Cousas que, unha vez desligadas na nosa consciencia, farían que quedara sen xustificar o necesario cambio no noso desenvolver como especie para ir cara un mundo mellor. Para que, se algo que xa se nos foi da cabeza, que non é máis cunha pantasma dun pesadelo que ‘xa pasou’? Para que? Se non vemos a necesidade dun cambio para manter o noso mundo, se deixamos escapar a posibilidade que nos ofrece este cataclismo, o mundo seguirásenos a escapar e golpearános máis forte.

















Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.



