A Coruña, 14 de maio do 2020. O voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, valorou hoxe os informes sanitarios presentados onte polo presidente da Xunta para intentar xustificar a convocatoria de eleccións, e advertiu de que os expertos que os redactaron recoñecen a posibilidade de que a epidemia de Covid-19 experimente un rebrote en Galicia no mes de xullo. É dicir, xusto nas datas que Feijóo escolleu unilateralmente para celebrar os comicios.
“Existe a posibilidade certa e real de que as eleccións de xullo coincidan cun repunte da epidemia. Aínda peor: se non se producira ese rebrote, o propio proceso electoral, a precampaña, a campaña e o mesmo día das votacións, poderían ser un foco de reactivación dos contaxios”, dixo.
O voceiro da coalición explicou que os informes dos expertos sanitarios consultados por Feijóo subliñan que o comportamento do virus é “imprevisible”, que non está demostrado que a súa incidencia teña carácter estacional, e que é máis que probable que se observe un rebrote da epidemia nas próximas semanas e nos próximos meses.
“Galicia en Común quere celebrar eleccións canto antes para acabar cos anos de recortes, mentiras e propaganda de Feijóo. Pero non se iso significa arriscar a saúde da poboación. Sen embargo, sucede que a Feijóo non lle interesa a saúde das galegas, senón amañar a competición polo poder”, engadiu.
Nese sentido, Gómez Reino lamentou que Feijóo teña convocado hoxe ás voceiras das forzas políticas a unha reunión na que “non se falará da reconstrución de Galicia, nin da contención de epidemia, da situación nas residencias, da precariedade dos sanitarios ou do escudo social fronte á crise. Non, Feijóo reúnenos para falar de eleccións. Non lle interesa que as forzas políticas combatamos unidas ao virus e á crise. O que lle interesa e amañar a competición polo poder”, insistiu.
O portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas referiuse tamén ao informe dos servizos xurídicos da Xunta que aporta o presidente do Goberno galego para a avaliar a suposta legalidade da convocatoria electoral en xullo.
“Ese informe di literalmente que o proceso electoral que ía concluír en abril foi suspendido tras o acordo das forzas políticas galegas porque a emerxencia sanitaria esixía a aplicación de medidas incompatibles co normal desenvolvemento dun proceso electoral e, polo tanto, do libre e normal exercicio do dereito de sufraxio”, remarcou Gómez Reino.
“Está Feijóo en disposición de garantir que en xullo poderemos exercer libremente e en condicións de normalidade democrática o noso dereito ao sufraxio? Evidentemente, non”, concluíu.
















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



