A Mariña, 5 de maio 2020 . O BNG amosa o seu apoio e solidaridade a tod@s @s traballador@s da factoría de Alcoa en San Cibrao, e especialmente @s das empresas auxiliares, despois de que por parte da dirección de Alcoa se anunciase o recorte das tarefas de rebrascaxe e reparación de maquinaria de electrolise, o que suporía perder entre 6 e 7 cubas mensuais. Esto significaría a perda de 50 postos de traballo en empresas auxiliares, empresas que suponen na práctica o 50% do total de empregados que traballan na factoría de San Cibrao.
O Goberno do PP na Xunta tén que deixar de mirar para outro lado
Desde o BNG , e según afirmou a súa responsable comarcal Ana Ermida, que en días pasados mantivo unha reunión telemática coa Plataforma de Auxiliares así coma co comité de empresa de Alcoa na que tamén participaron Olalla Rodil e Ana Pontón, “a actitude do PP na Xunta negándose a reclamar a Alcoa que manteña a reparación de cubas tal como dixo o conselleiro Conde, amosa claramente a nula preocupación desta xente pola delicada situación que se está a vivir na Mariña, donde o desemprego avanza e sen que desde a Xunta se adopte ningunha medida ou solución dedicándose únicamente a botarlle as culpas ao goberno central”.
Apoio do BNG ás reivindicacións en todos os concellos
Atendendo as reivindicacións da Plataforma Coordinadora de Traballador@s de Auxiliares, o BNG fai súa as súas demandas e por eso os grupos municipais do BNG instarán aos plenos dos concellos da comarca a que neles se traten e aproben as propostas que esta Plataforma vén de trasladar a todos os grupos políticos e nas que piden a adopción das seguintes medidas:
– Rexeitar a medida anunciada pola multinacional de non rebrascar as cubas
– Apoio institucional @s 50 traballador@s afectados que entran xa en Erte
– Solicitar a mediación da Xunta de Galicia para evitar que sexa efectiva a decisión da multinacional e se busque uha solución para que non paren as cubas, así coma para que ningún traballador de empresas auxiliares perda o seu posto de traballo.
– Solicitar do Goberno do Estado a súa inmediata intervención para que a multinacional non deixe morrer a nosa factoría e non se perda ningún posto de traballo.
O BNG trasladará tamén estas demandas ao Pleno da Deputación
A deputada provincial mariñá Mónica Freire tamén se pronunciou ao respecto manifestando a súa preocupación polo que está a acontecer na factoría de San Cibrao, e o perigo que para a comarca supón a perda de emprego nese importante enclave industrial cuxa activdade vén supoñendo un terzo do PIB da provincia, pero que nesta situación de crise polo Covid19 pode supoñer agora realmente un 50% ao estar parada a maioría da actividade economica na provincia.
“Levaremos estas demandas ao Pleno da Deputación agardando que o apoio a est@s traballador@s sexa unánime”, afirmou.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



