Lugo, 26 de maio de 2020. O BNG sacou adiante no pleno provincial desta mañá unha moción de apoio ás traballadoras e traballadores da factoría de Alcoa San Cibrao e ao persoal das empresas auxiliares, afectado por Ertes tras a decisión da alumineira de suspender as tarefas de rebrascaxe das cubas de electrolise.
A iniciativa recolle as demandas que a Plataforma de empresas auxiliares -que aglutina preto dun milleiro de traballadores- trasladou a todos os grupos políticos e insta á Xunta de Galiza e ao goberno do Estado a actuaren para evitar que “continúe a perda de postos de traballo na factoría sancibrense”.
Na defensa da moción, presentada como proposta de goberno e aprobada por unanimidade, a deputada Mónica Freire manifestou “a solidariedade e apoio do BNG ao persoal que traballa na factoría”, que este martes recibía o anuncio “doutras medidas que afectan ao emprego” por parte da multinacional.
A deputada mariñá advertiu que “a empresa está a seguir a mesma estratexia que coas factorías da Coruña e Avilés” e acusou aos gobernos da Xunta e do Estado de “botar balóns fóra” e “non buscar unha solución”.
“A perda de actividade en Alcoa non está orixinada polo prezo da enerxía, que coa crise da Covid 19 baixou ata os 20 euros por Kw, senon que é algo premeditado por parte da empresa para deixar morrer a factoría”, argumentou a nacionalista.
“É inexplicable que ante esta situación, e coa crise industrial que soporta Galiza, non houbese unha mobilización das administracións públicas para salvar o emprego. E nisto teñen que estar tanto a Xunta como o goberno central que teñen as competencias e que ata o de agora non foron capaces de buscar unha solución. O que é inútil, e non lles soluciona nada aos traballadores, é botar balóns fóra”, sentenciou a deputada mariñá, que lembrou que “o BNG está a defender o emprego na factoría” en todos os foros nos que ten representación, con iniciativas tanto no Parlamento galego como no Congreso dos Deputados
Derrogación da Lei Montoro
O BNG tamén sacou adiante, cos votos do PSdeG, unha moción sobre a elaboración dun plan galego de reactivación económica por parte da Xunta de Galiza e a derrogación da Lei de estabilidade e sostenibilidade financeira, coñecida como Lei Montoro.
O voceiro do BNG, Efrén Castro, explicou que a normativa, que prioriza o pago da débeda, “foi pensada para rescatar o capital financieiro antes cas persoas, por iso o BNG sempre estivo en contra, pero na situación en que estamos, é aínda máis inxusta”.
“Os recursos públicos bloqueados pola aplicación desta normativa deben estar a disposición dos concellos para que, no marco das súas competencias, poidan desenvolver políticas que contribúan a paliar os efectos da crise da Covid 19”, expuxo o voceiro nacionalista lembrando que “a Lei foi imposta aos concellos galegos malia que nunca tiveron un problema estrutural de débeda viva”
O BNG pide axudas directas da Xunta para autónomos e pemes
A moción tamén demanda á Xunta de Galiza un plan de reactivación económica adaptado á situación do país polo impacto da Covid 19. Efrén Castro reclamoulle ao goberno galego axudas directas para autónomos e pemes e lembrou que “a Xunta é dos poucos gobernos autónomicos que non aprobou este tipo de achegas”. “Limitáronse a conceder créditos para financiarlles a débeda que si, pode supoñer certo alivio, pero non dá ningunha solución. Vostedes cando hai crise sempre miran para o mesmo lado, para os bancos. Porque non inxectan diñeiro no sector público?”, preguntouse o voceiro nacionalista.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



