Barreiros, 30 de maio, 20220. Ante o comunicado emitido pola directiva do Club Praias de Barreiros no que anuncian a posible disolución do mesmo e o fin das escolas deportivas que desenvolvía o club; o Concello de Barreiros traballa xa na organización de escolas deportivas que lles permitan ás nenas e nenos practicar deporte no noso concello.
A necesidade de ir a un modelo máis económico, no que se garanta a actividade deportiva de base promovida pola administración local non foi compartida pola dirección actual do club; que na noite do xoves manifestou ao goberno municipal a súa intención de abandonar o proxecto deportivo.
A situación económica do Concello, e máis coa previsión social que vén por diante, non permite seguir destinando máis de 35.000 euros de fondos municipais a esta actividade; polo que se organizará actividade deportiva
de base adaptada ás posibilidades económicas.
Desde o goberno municipal lamentan que a decisión adoptada pola directiva afecte tamén aos equipos senior e ao atletismo, que poderían contar coa mesma axuda que contan o resto de clubs do municipio para a súa actividade.
En calquera caso, o actual goberno, agradece a labor prestada nestes anos e agarda que o futuro do deporte en Barreiros se constrúa desde a base e a promoción do deporte en idade escolar.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
