Ribadeo, 30 de maio de 2020. O Concello de Ribadeo ven de solicitarlle á Xunta que acometa os traballos de roza pertinentes no Camiño Natural do Cantábrico. O alcalde, Fernando Suárez, no escrito remitido ao Servizo de Conservación da Natureza alude ás queixas “totalmente xustificadas” por parte da veciñanza que o emprega para pasear ou para facer deporte.
O rexedor sinala que “unha vez se están a recibir queixas totalmente xustificadas por parte dos nosos veciños, trasládaselles un ano máis a necesidade de adecuar o Camiño Natural do Cantábrico ao seu paso por Ribadeo, principalmente acometer os traballos de roza pertinentes para librar o camiño de maleza, ademais doutras tarefas de mantemento que poidan ser necesarias, pois este tipo de actuación é competencia da Xunta de Galicia de acordo co convenio subscrito entre a administración autonómica e o Ministerio de Medio Ambiente para a execución de dito camiño”.
Para Suárez Barcia “toda este situación vese agravada este ano pola actual situación que estamos a atravesar por mor do Covid-19, sendo este un lugar moi frecuentado pola nosa veciñanza tanto para pasear como para facer deporte, agora que están permitidas estas actividades, coas pertinentes medias de precaución e restricións, o actual estado da senda imposibilita o seu uso”.
Pola súa banda, o concelleiro de Medio Rural, Jesús Mundiña, referiuse hoxe á información do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo sobre o que cualifican de estado de abandono das vías municipais invadidas de maleza porque non están desbrozadas. O edil nacionalista fai varias puntualizacións: “efectivamente, o Concello conta con dous tractores e os seus apeiros correspondentes para facer labores de desbroces nos bordes dos camiños. Un deles traballa nas parroquias do interior (Couxela, Vilaosende, Cedofeita, Covelas, Arante e o barrio de Noceda da parroquia de A Devesa) e o segundo tractor faino nas parroquias de Vilaselán, Piñeira, Ove, Vilaframil, Rinlo e A Devesa. Os camiños municipais que están dentro das 14 zonas de concentración parcelaria, así como os que comunican entre si as parroquias e núcleos suman algo mais de 267 quilómetros, o que representa que cada tractor debe desbrozar mais de 130 quilómetros. Non se inclúen os 140 quilómetros de camiños forestais que son desbrozados una vez ao ano por una empresa externa, e que para este ano acaba de licitar o Concello”.
Jesús Mundiña indica que “como é ben sabido, o crecemento de herba non é homoxéneo ao longo do ano, acadando o máximo nos meses de abril e maio, polo que manter nestes dous meses cos medios dispoñibles a herba dos mais de 260 quilómetros de camiños cunha altura baixa é difícil. Pero isto sucede nun curto período de tempo”. E explica que “o último desbroce integral fíxose no inverno polo que a vexetación dos camiños que nestas datas quedan por desbrozar non ten mais de dous meses. Trátase de vexetación herbácea (gramíneas e dicotiledóneas) que aínda non rematou o seu ciclo vexetativo, e mantéñense cunha porcentaxe moi alta de humidade polo que tampouco representan aínda un perigo para os incendios, e a data de hoxe estase rematando o primeiro pase de desbroce despois do inverno en todas as parroquias”.
O concelleiro de Medio Rural di: “o Grupo Municipal do Partido Popular tamén debería requirir á Xunta de Galicia que mantivese desbrozado o Camiño Natural do Cantábrico ao seu paso por Ribadeo, que, por certo, sempre soe facelo moi tarde. Desde o Concello seguiremos tratando de optimizar o mellor posible os nosos recursos para manter os camiños do noso rural no mellor estado posible”.




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



