Cervo, 4 de maio de 2020. O Concello de Cervo continúa a traballar ao carón das persoas apicultoras do municipio na loita contra a vespa velutina.
Días antes de que se decretase o Estado de Alarma –en concreto o 12 de marzo- o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, convocaron a aquela veciñanza que posúe colmeas na súa propiedade, a un encontro no salón de plenos do Casa do Concello, para avaliar a situación actual e a incidencia da velutina neste tempo.
A raíz desa reunión, acordouse facer unha nova entrega de produto atraínte, tal e como se leva facendo con carácter regular desde o ano 2017.
Tendo en conta a situación de excepcionalidade que vivimos, traballouse intensamente para poder facer provisión deste líquido, que tal e como confirmaron lles resulta eficiente para poder elaborar trampas para as raíñas, para tentar reducir a formación de niños neste tempo.
A Policía Local achegouse a unha trintena de domicilios para facer chegar o atraínte de balde.
Villares sinalou que a nosa intención é seguir estando ao carón dos nosos apicultores, tal e como vimos facendo desde que temos constancia da presenza da velutina no noso municipio; “traballando coordinadamente con eles para afrontar esta problemática, tentando minimizar o impacto desta especie invasora para protexer, na medida das nosas posibilidades, o seu traballo e o das súas abellas”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



