Ribadeo, 19 de maio de 2020. O Concello permitirá ampliar o espazo das terrazas, de maneira temporal, para compensar a perda de aforo que poden sufrir os locais hostaleiros. Ademais mantén a suspensión das taxas municipais das mesmas. Así o deu a coñecer hoxe o concelleiro de Comercio e Turismo, Pablo Vizoso.
O edil ribadense indicou que “o Concello de Ribadeo, seguindo o criterio da Orde Ministerial que permite aumentar a ampliación das terrazas e en aras de apoiar a reactivación da actividade económica así como mitigar o impacto da crise sanitaria do Covid-19 nun dos sectores máis importantes para a economía local de Ribadeo, ven de aprobar un Decreto polo cal permitirá flexibilizar e aumentar o espazo de ocupación das terrazas, que poderán ocupar prazas de aparcamento sempre e cando se cumpran unhas determinadas condicións”.
Pablo Vizoso explicou que “así este decreto permitirá á hostalaría aumentar o espazo das súas terrazas, de forma temporal, para compensar a perda de aforo que poden sufrir estes locais. Tamén, co obxectivo de reducir o impacto da perda de ingresos debido á crise sanitaria do Covid-19 , o Concello manterá temporalmente a suspensión do cobro de taxas municipais de ocupación de terreos de uso público das terrazas”.
O concelleiro de Comercio e Turismo dixo que “para elo o Concello de Ribadeo suspende a ordenanza fiscal T6, que limita a instalación de terrazas na calzada e aproba un decreto que permitirá o mantemento ou modificación das terrazas autorizadas na actualidade e a solicitude de novas terrazas, sempre en cando cumpran os criterios e limitacións que en cada momento se establezan polas distintas administracións publicas en canto á porcentaxe de mesas autorizadas e ocupación e distancia física entre mesas e o resto de criterios técnicos establecidos polo Concello”.
Vizoso Galdo sinalou que “ademais este Decreto permitirá ocupar espazos destinados a prazas aparcamento, pero sempre cumprindo certas condicións técnicas como son as que se recollían na ordenanza fiscal T6 así como outras singularidades como a necesidade de delimitar o espazo, non ocupar máis da fronte do local, a instalación de xardineiras de 90 centímetros de altura para dotar de máis seguridade a eses espazos, e sobre todo deberá permitir un paso libre de dous metros mínimo con respecto á beirarrúa existente”.
O edil nacionalista manifestou que “con estas medidas buscamos recuperar a actividade hostaleira, redobrando as medidas hixiénicas e de seguridade. No Concello entendemos que as terrazas son un elemento clave para a reactivación do sector hostaleiro, pero debemos de facelo sen perder de vista a seguridade da clientela e a seguridade dos usuarios da vía pública”.
Pablo Vizoso engadiu que “estas autorizacións especiais requirirán dunha solicitude previa por parte das persoas interesadas. A documentación necesaria para a súa tramitación así como anexos estarán dispoñibles na paxina web do concello en www.ribadeo.gal/sedeelectronica, e a súa tramitación deberá ser principalmente telemática a través da sede electrónica municipal, sobre todo para os titulares do tipo persoa xurídica. As autorizacións das diferentes solicitudes estarán supeditas ao informe favorable dos diferentes servizos técnicos municipais, que determinarán a viabilidade das ampliacións atendendo a criterios técnicos e de seguridade”.
O concelleiro de Comercio e Turismo rematou a súa intervención subliñando que “estas medidas son temporais e excepcionais e terán como duración como mínimo mentres se manteña a situación actual e non se acade a estabilización da situación económica xeral coa implantación da chamada nova normalidade”.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



