Valadouro, 4 de maio de 2020. O Concello do Valadouro celebrará o próximo xoves 7 de maio, ás oito e media da tarde, o pleno ordinario de forma telemática co apoio técnico da Deputación de Lugo. Nesta reunión o goberno municipal someterá a votación o “Programa Activa Valadouro”, que conta cun orzamento de 118.000 euros. Así o avanzou o Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda que remarcou que este plan “ten como obxecto paliar e actuar de maneira inmediata, ante as consecuencias derivadas da crise económica provocada polo COVID-19, e impulsar a actividade económica, outorgando liquidez ás empresas do municipio do Valadouro”.
Dúas liñas de actuación
Maseda explicou que o “Programa Activa Valadouro conta con dúas liñas de actuación que perseguen contribuír a rescatar ás familias que o necesiten, así como activar o tecido empresarial e os autónomos da vila. Por unha banda, unha 1ª liña está destinada a empresas e autónomos que viron afectada a súa actividade económica a raíz do decreto de Estado de Alarma, ou que sufriron perdidas do 75% na súa facturación respecto o mes de febreiro. E outra 2ª liña de axudas para persoas empadroadas no Valadouro, que se viron afectadas por ERTES ou obrigadas a solicitar un permiso non retribuído para o coidado de fillos menores de 13 anos, tras verse afectados polo peche dos centros educativos e dos servizos que o propio Concello tiña activos para facilitar a conciliación familiar”, sinalou.
Nesa liña lembrou que o proxecto Activa Valadouro “conta cun presuposto inicial de 48.000 euros, que se poderán ampliar ata dar cobertura, si houbera un incremento de solicitudes”. Maseda avanzou ademais que “o goberno municipal tamén sometera a votación do pleno as bases extraordinarias que regularán a concesión de subvencións a Asociacións de Veciños para inversións destinadas á loita contra as consecuencias do COVID-19 na anualidade 2020, que conta cunha partida de 70.000 euros”.
Subvencións a Asociacións de Veciños
O Alcalde explicou que “as distintas asociacións da vila poderán adicar os importes concedidos polo Concello a potenciar o sector forestal, vital na nosa vila, xa que nas anteriores crises a madeira foi a táboa de salvación de moitas familias do Valadouro, por iso agora necesitamos ter liquidez e solvencia económica antes posibles incrementos nas sacas de madeira”.
Con esta dotación económica poderán realizar arranxo de pistas ou camiños, a compra ou aluguer de terreos para o acopio de madeira, xa que o que pretende esta iniciativa é apoiar actividades de alto valor engadido no municipio, así como a reactivación da economía local despois das consecuencias do COVID.
O Concello ao carón de todos
“Son un total de 118.000 euros que repercutiran directamente no tecido asociativo, nos empresarios, nos autónomos, no comercio local e por suposto, nas familias e nas veciñas e veciños do Valadouro. Porque non podemos nin debemos deixar a ninguén atrás, o Concello agora máis que nunca, sempre estará ao carón de todos”, resumiu Edmundo Maseda.
Suplemento de Crédito
Nesta mesma sesión plenaria, o goberno municipal someterá a votación un suplemento de crédito de 509.636,53 euros, dito suplemento posibilitará dotar presupostaríamente o programa Activa Valadouro e ás subvencións das Asociacións de Veciños.
Do mesmo xeito incrementara partidas destinas o SAF (Servizo de Axuda no Fogar), a prevención e loita contra incendios forestais, a regulación dos gastos co consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a posibles adaptacións nas dependencias municipais para a prevención contra o COVID-19, posibilita a creación de un fondo de continxencia ante posibles gastos producidos por baixas laborais do persoal municipal.
Dito suplemento tamén é necesario para o pago de indemnizacións a empresas prestadoras de servizos do Concello de O Valadouro, que tras o peche de distintas actividades viron suspendidos os seus contratos, e según como recoñece a Lei o Concello dende o primeiro momento fíxose cargo das nóminas dos traballadores cumprimentando igualmente os salarios e as cotas a Seguridade Social.
A sesión plenaria será publica como xa é habitual
Como xa é habitual a sesión plenaria do Concello do Valadouro será publica, sendo retransmitida en directo pola canle de YouTube do Concello e polos Servizos Audiovisuais da Deputación




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



