Lugo, 26 de maio de 2020.- O goberno provincial amosou o seu apoio aos traballadores e traballadoras de Alcoa e das empresas auxiliares, que esta mañá constataron a intención da empresa de “adoptar novas medidas en relacíon co emprego”. O executivo provincial presentou no pleno deste martes unha moción coas demandas da Plataforma de empresas auxiliares -que representa un milleiro de traballadores-, que obtivo o respaldo unánime da corporación.
A proposta recolle o rexeitamento da institución á medida anunciada pola multinacional de non rebrascar as cubas, que xa provocou dous Ertes na industria auxiliar; manifesta o apoio da institución provincial aos traballadores; solicita a mediación da Xunta de Galicia para evitar que sexa efectiva a decisión da multinacional e apela á intervención do Goberno do Estado para que a multinacional non deixe morrer a factoría e non se perda ningún posto de traballo.
Na debate da moción, o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, puxo de relevo a inacción do Goberno galego: “A que foi o outro día o señor feijóo a Alcoa? Foi porque lle tocaba sacar a foto do día, pero aportou algunha solución?, propuxo algo?, unha axuda económica ou doutro tipo? Xa que están tan da man de Urkullu nas eleccións, amparándose nel para xustificar as de Galicia, por que non se reflexan no Goberno vasco e fan o mesmo coa industria galega? Aprendan deles, non teñen moito que inventar, copien o seu plan e denlle utilidade aos millóns de euros do IGAPE que deixan sen utilizar. Un bo gobernante inviste no tecido produtivo. Sen embargo, despois de tres mandatos de Feijóo, non existe un plan industrial para Galicia, nin para a provincia de Lugo, nin para A Mariña”.
Pola súa banda, a deputada do BNG, Mónica Freire Rancaño, amosou a súa preocupación pola perda de postos de traballo que xa produciron ás decisións da multinacional estadounidense e advertiu que “Alcoa segue en San Cibrao a mesma estratexia que seguiu na Coruña e en Avilés”. A deputada mariña criticou “a pasividade da Xunta de Galiza e do goberno do Estado que”, dixo, “teñen as competencias en materia industrial e enerxética pero botan balóns fóra sen achegar ningunha solución para os traballadores”.
No Pleno deste martes, o terceiro que se celebra por vía telemática na institución provincial, tamén se aprobaron, neste caso co apoio dos dous grupos de goberno – PsdeG e BNG -, as seguintes mocións:
-Moción do Grupo Provincial Socialista sobre o reforzó da sanidade pública ante a situación xerada polo Covid-19.
-Moción do Grupo Provincial Socialista para reclamar á Xunta un plan de reactivación integral para a provincia de Lugo
– Moción do Grupo Provincial do BNG, sobre a elaboración dun Plan Galego de reactivación económica e a disponibilidade de uso dos recursos económicos das Administracións Locais
– Proposta de modificación do orzamento de 2020 vía suplemento de crédito por un importe de 3,3 millóns de euros.



















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



