Lugo, a 15 de maio de 2020. Os senadores, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Varela, solicitarán ao Goberno que favoreza a repatriación dos lucenses residentes no extranxeiro e que non poden voltar aos seus lugares de orixe polo estado de alarma. Os populares farán esta petición na Cámara Alta, alertados por algúns dos afectados, onde tamén demandarán que o Executivo detalle o número de persoas da nosa provincia que lle consta tanto á Subdelegación como ao ministerio de Asuntos Exteriores que non teñen a posibilidade de regreso, pese a querer facelo.
É o caso dunha moza, natural de Mondoñedo, que se atopaba realizando un Erasmus en Lituania cando se estendeu a pandemia. A estudante aínda non puido voltar porque, primeiro, se lle comunicou que perdería todo o curso se non remataba con éxito unha prácticas presenciais. Cando se solucionou a parte académica, a única solución que obtivo por parte da Embaixada española foi coller un avión a Londres, sen ningunha garantía de poder chegar a España dende a capital británica se tomaba dito voo. Agora, o enlace que tiña contratado con destino ao noso país, foi cancelado e a rapaza non ten ningunha posibilidade de regresar.
Os populares consideran “lamentable o abandono e o desamparo no que deixa o Goberno a rapaces como a mindoniense, ocasionándolles tanto a eles como ás familias gran tensión, incertidume e medo
“Queremos explicacións e, sobre todo, unha solución a estas persoas”, remarcan os senadores. “Así nolo fixeron constar un gran número de lucenses que se atopaban no extranxeiro e se puxeron en contacto con distintas embaixadas de diferentes países sen obter a axuda que demandan”, precisan.
Esta situación xorde logo de que o Goberno de España decretase, mediante orde ministerial, o peche total das fronteiras nacionais. Esta orde entrou en vigor o domingo 22 de marzo e inclúe algunhas excepcións ao peche de fronteiras, entre outras, os españois residentes en España poderían seguir accedendo ao noso país. Sen embargo, e dado que se prohibiu o desembarco de pasaxeiros de avións, barcos ou trens, así como o tránsito transfronteirizo por estradas, foron moitos os españois que se quedaron varados en diversos lugares do mundo, como é o caso da estudante de Mondoñedo, e sen ser atendidos e amparados polo Goberno para favorecer o seu regreso.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



