Foz, 27 de maio de 2020. O A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Patricia Otero, dixo que a crise do COVID puxo de manifesto o abandono e as graves carencias da atención primaria nos centros de saúde da Mariña Lucense. Criticou que hai prazas de médico sen cubrir, algunha dende fai anos, nos concellos de Viveiro, O Vicedo, A Pontenova, Mondoñedo e Trabada.
A secretaria provincial mantivo un encontro coa Alcalde de Foz, Francisco Cajoto, diante do centro de saúde desta localidade, no que advertiron das carencias deste centro, xa que coa chegada da época estival a vila incrementa a poboación en 30.000 persoas.
“Calquera que veña á Mariña Lucense poderá constatar como hai menos profesionais sanitarios nos centros de saúde das nosas vilas, debido aos recortes e os constantes ataques que o goberno do PP estivo inflixindo á sanidade pública. Acabamos de comprobar como é fundamental investir en atención primaria, xa que estes centos de saúde, foron vitais para atender unha pandemia como a do COVID”, remarcou.
A dirixente socialista remarcou que “esta crise amosou a única faciana que ten o PP e Feijoo: os recortes e as promesas. Agora podemos e debemos reforzar a nosa Atención Primaria, para dar respostas as demandas sanitarias actuais”.
Centro de saúde de Foz
Francisco Cajoto remarcou que “a situación do centro de saúde de Foz é complicada na época estival. Como xa denunciamos, é endémica a falta de persoal que se agrava cun servizo de pediatría que non se cobre a xornada completa. Ademais o reforzo habitual dun médico para desprazados é claramente insuficiente, tendo en conta que non se cobren as baixas por vacacións do persoal. E por suposto, quero lembrar tamén a supresión dun dos técnicos de emerxencias da ambulancia medicalizada con base en Foz. Todas e cada unha destas decisións levan a cuña do PP e de Feijoo”, insistiu.
O rexedor advirte ademais que “tal e como xa denunciou o propio persoal do centro, os profesionais sanitarios non contan con ningún protocolo sanitario, nin con ningunha sala ou espazo habilitado para tratar a posibles pacientes de COVID que se acheguen ao centro de saúde. Os profesionais sanitarios están abandonados polo Goberno do PP”, resumiu.
Prazas sen cubrir en Viveiro, Vicedo, A Pontenova, Mondoñedo e Trabada
Nun contexto sanitario como o que nos esta tocando vivir coa crise do COVID, temos que denunciar que actualmente hai baixas de médicos sen cubrir e deficiencias nos centros de saúde da Mariña Lucense. Concretamente no Concello de Trabada hai unha baixa médica sen cubrir desde fai meses. En Viveiro, un Concello no que tamén aumenta a poboación na época estival de xeito moi significativo, hai dúas prazas de médicos sen cubrir, unha delas dende fai 2 anos. Ademais o persoal do centro de saúde denuncia unha carga de traballo moi grande coa crise do COVID, e hai que remarcar que tamén atende aos usuarios de Ourol e O Vicedo. En Mondoñedo o pediatra é compartido cos concellos de Lourenzá e Barreiros, e hai unha baixa dun facultativo sen cubrir. Na Pontenova das tres prazas de médico que existían, actualmente só consultan dous médicos no centro, e un dos facultativos está de baixa e non se cubriu a súa praza. En Cervo o servizo de pediatría é atendido de xeito telefónico dende o consultorio de San Cibrao. No Concello do Vicedo hai unha baixa médica, que se cubre de xeito intermitente. E no Concello do Valadouro hai que lembrar a praza de pediatría que comprometeu o PP durante unha campaña electoral, pero pasoulle como as promesas de Feijoo, levounas o aire. En Meira comparten servcio de pediatria con Partoriza.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



