
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Santiago de Compostela, 3 de maio 2020. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón anuncia que trasladará ao Presidente da Xunta unha proposta para acompañar o desconfinamento dun “plan económico” que responda ás demandas dos diferentes colectivos entre os que salientou aos traballadores e traballadoras autónomas. Este sector, explica a portavoz do BNG, conta con axudas en Euskadi e Catalunya mentres o goberno galego non está a dispoñendo de “axudas de directas para o colectivo”. Na xuntanza telemática con titular do Executivo, Pontón insistirá na necesidade de poñer en marcha “plan económico” con medidas específicas de apoio ao comercio e a actividade turística.
Para a nacionalista, dos sectores máis afectados pola crise económica, será o turismo e o comercio que representa o 11% do emprego en Galiza, sectores que precisan dun “plan de rescate” para facer fronte a crise provocada pola COVID-19. Pontón cualifica a apertura dos negocios de “precipitada” e con risco de desencadear unha grande perda económica e de emprego polo que urxe á “Xunta a pasar da crítica á acción” e poñer en marcha un “plan económico” de apoio ás medidas de desconfinamento para que sectores como o turismo non sexan arrasados por unha crise económica cun forte impacto en Galiza.
Coñecemos, dixo, as críticas do goberno galego ao plan de medidas do goberno central pero descoñecemos “as alternativas” da Xunta para enfrontar o desconfinamento polo que insistiu na necesidade de presentar medidas económicas de apoio ás persoas autónomas, comercio e turismo. Desta crise, abondou, temos que sacar unha lección, os traballadores e traballadoras que o están a dar todo durante este período son precarios e precarias e esta condición deberá ser abordada polo goberno galego para rematar cunha precariedade laboral que afecta, de maneira maioritaria ás mulleres. “O Goberno galego debe pasar da crítica á acción”, reiterou á nacionalista.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



