Ribadeo, 2 de xuño de 2020. A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá a realización de exames universitarios destinados a aquel alumnado con dificultades para examinarse online desde os seus fogares.
A concelleira de Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, explicou que “a Amtega xunto coa Fegamp e as tres Universidades galegas asinaron un acordo para posibilitar a realización destas probas que se desenvolverán ata o vindeiro 31 de xullo. E o Concello de Ribadeo súmase a esta iniciativa”.
A edil nacionalista dixo que “o alumnado interesado en acudir á Aula CeMIT ribadense deberá rexistrarse como usuario/a da Rede CeMIT na web de CeMIT, premendo o botón alta novo usuario/a. Ao finalizar o proceso remitirase un correo electrónico coa confirmación da alta, o nome de usuario e contrasinal”.
E engadiu que “os interesados terán ademais que solicitar a reserva de praza para poder realizar o exame na Aula de Ribadeo con máis dunha semana de anticipo. Para iso deberá acceder á web CeMIT, incluír no buscador Conectividade-Exame para universitari@s e premer na lupa para buscar, tamén será posible filtrar por centro, por localidade, etc… Unha vez atopada a convocatoria de exame na localidade, día e hora correcta, seleccionarase o botón Reservar (esta opción estará habilitada sempre que haxa prazas dispoñibles). Finalmente haberá que introducir o usuario e contrasinal facilitados no correo durante o proceso de alta, premer en Solicitude de inscrición e recibirase un correo cunha notificación coa solicitude de matrícula. Despois haberá que esperar a que o responsable da Aula CeMIT acepte a solicitude, ante calquera dúbida deberá contactarse co axente TIC por teléfono ou correo electrónico”.
Mariluz Alvarez dixo que “unha vez aceptada a solicitude o alumno/a presentarase na Aula coas medidas de seguridade recomendadas, mantendo a distancia de seguridade de dous metros, emprego de luvas e mascarilla e hixiene de mans. As mascarillas, luvas e demais obxectos de protección serán por conta do alumno/a. As persoas que vaian realizar os exames deberán levar o equipamento propio para a realización das probas como portátil, tablet ou o dispositivo que dispoña dos requirimentos necesarios. A través do teléfono móbil pode darse de alta para o uso da rede Wifi da Xunta de Galicia e terá que presentarse con trinta minutos de adianto á proba do exame para poder conectar á rede o equipamento e facer as comprobacións oportunas. No caso de que a proba a realizar conteña audio o alumno/a levará auriculares para non molestar ao resto de usuarios”.
Os interesad@s poden aclarar as dúas dúbidas na Oficina CeMIT no correo cemit@xunta.gal ou no teléfono 981 910 359. Tamén poden dirixirse á Aula CeMIT de Ribadeo no 982 120 732.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



