A Mariña, 9 de xuño de 2020. Na reunión da mesa multilateral que tivo lugar esta tarde, a CIG reiteroulle unha vez máis a Alcoa que retire a súa proposta de despedimentos e peche da fábrica de aluminio e aos Gobernos español e galego celeridade na aprobación de medidas para crear unha tarifa industrial competitiva. En calquera caso, a CIG insiste na necesidade de adoptar medidas lexislativas para evitar unha resolución en negativo do conflito, que pasan en primeiro termo pola recuperación a autorización previa dos ERE e pór en marcha os mecanismos para a intervención pública do complexo de San Cibrao.
O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, lembrou que os sectores do aluminio e enerxético son estratéxicos para Galiza e que, de existir vontade, pódense atopar solucións para salvar tanto os empregos como para garantir as capacidades produtivas do complexo de San Cibrao. Neste senso, reclamou de Alcoa que aclare se acepta a mesa multilateral como o marco onde traballar na resolución das causas motivan o seu plan de recortes e volveulle solicitar que paralice a súa proposta. “É incompatíbel estar nesta mesa e que Alcoa vaia consumando as fases que pretende levar a cabo con carácter definitivo”.
Por outra banda, Carril demandou dos Gobernos español e galego “certezas e un calendario definitivo, preciso e detallado, do estatuto electrointensivo e das medidas complementarias que permitan crear un marco enerxético competitivo, estábel e predicíbel”. E, nesta liña, “que se clarifique dunha vez que prezo final vai ter a enerxía”.
En canto á Xunta, o secretario xeral da CIG pediulle ao conselleiro de Industria que indique que medidas concretas e que posibilidade de acción ten no ámbito das súas competencias para evitar esta golpe ao emprego e ao noso tecido produtivo.
“Estamos nun momento complexo, nun momento de unificar actuacións, porque o proceso que temos por diante é difícil e doloroso se non somos capaces de abordar esta situación con altura de miras. A experiencia do que está pasando en Alu Ibérica demostra os errores cometidos, e ensínanos o camiño para que non se precipiten as decisións”, subliñou.
De igual xeito, Carril introduciu na reunión a problemática específica do persoal das auxiliares, que non ten vía de expresión na mesa montada por Alcoa e que polo tanto, ten que ser neste marco multilateral onde se resolva. “Porque o impacto no emprego da industria auxiliar non é un dano colateral, é un dano consubstancial”.
Ao requirimento da CIG, Alcoa contestou cunha negativa a retirar a súa proposta, indicando que non ve resolución posíbel e rexeitando a venda total ou parcial do complexo como saída factíbel. Diante desta escasa vontade por parte da empresa a buscar solucións de futuro, a CIG insiste na intervención pública como vía para garantir os postos de traballo e a continuidade da produción do aluminio no noso país.

















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



