Lugo, 9 de xuño de 2020. A Xunta de Galicia dá un novo paso na súa aposta por fomentar o emprego local e vén de resolver o programa Aprol Rural, que permitirá que 14 concellos da Mariña de Lugo contraten a 25 persoas desempregadas.
Trátase dun programa promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria a través do cal a administración autonómica asume a totalidade dos custes salariais dos novos contratos, que terán unha duración de 9 meses a tempo completo. Con este obxecto a Xunta mobiliza un investimento de 344.200 euros na área da Mariña e no municipio de Riotorto.
Na presente convocatoria a totalidade dos concellos solicitantes reciben a axuda da Xunta que permitirá financiar estas contratacións que se formalizarán nas vindeiras semanas, a través do proceso de selección que realice cada municipio, mediante a presentación previa dunha oferta na oficina pública de emprego.
O programa Aprol Rural nace cunha dobre perspectiva: a de servir de ferramenta para a mellora da empregabilidade a través da adquisición de experiencia profesional das persoas traballadoras que nel participen, e a dinamización e xeración de novas actividades no medio local e rural.
De feito, as novas contratacións dirixiranse á realización de tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios e co control das masas forestais nas denominadas faixas secundarias. A maior parte dos contratos teñen por obxecto a realización de tarefas de acondicionamento forestal, planificación preventiva, valorización forestal, silvicultura, limpeza de montes ou xestión de biomasa.
Como novidade con respecto a anteriores edicións, os concellos rurais de menos de 2000 habitantes poden contratar a persoas que xa foron contratadas por un período igual ou superior a 9 meses con cargo a axudas concedidas no ano 2019
O programa tamén favorece aos concellos que forman parte da iniciativa de municipios emprendedores Doing business, un convenio dirixido a fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia. Aqueles que participan neste convenio recibirán, como mínimo, axudas para efectuar dúas contratacións.

























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



