Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2020. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de formalizar o contrato para a redacción do proxecto de mellora da capacidade e seguridade da estrada Viveiro-Cabreiros (LU-540), cun investimento de máis de 185.000 euros.
Este traballo, adxudicado á empresa Ingenieria del Noroeste S.L., conta con 12 meses de prazo para redactar o proxecto.
O proxecto ten como principal obxectivo o acondicionamento do tramo desta vía comprendido entre os puntos quilométricos 5 e 39+500 para acadar o incremento da seguridade viaria. E o orzamento inicialmente estimado das obras é de 2,6 millóns de euros.
Para isto, serán necesarias accións dirixidas á rectificación de curvas, de xeito que todo o trazado se corresponda cunha velocidade de proxecto superior a 80 km/h. A intervención tamén deberá incluír as actuacións necesarias para a implantación de novos tramos de carrís de adiantamento, en treitos con pendente superior ao 3 %, así como para mellorar a seguridade fronte ao cruce de animais.
O acondicionamento, dun xeito máis concreto, contemplará a mellora e redeseño de interseccións, o encaixe de carrís lentos, correccións de trazado, ordenación de xiros á esquerda ou a revisión da sinalización horizontal e vertical, entre outras medidas a adoptar.
A Xunta impulsa este proxecto de acondicionamento para facilitar a mobilidade dos veciños de Viveiro, en condicións máis seguras e cómodas, xa que este treito é a principal vía empregada para desprazarse cara a Ferrol ou Lugo.



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



