Lugo, 23 de xuño de 2020. A Consellería de Cultura e Turismo vén de notificar axudas por importe total de 203.000 euros a nove concellos da Mariña para o desenvolvemento de actuacións de recuperación, accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural.
Estas achegas serven para poñer en valor a riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística destes destinos, que poden resultar estratéxicos e alzarse no novo escenario poscoronavirus como alternativa a descubrir.
A Consellería retomou e reforzou esta liña de subvencións, convocada en novembro e que tivo que ser paralizada pola crise sanitaria da covid-19, incrementando o orzamento e introducindo unha nova fórmula administrativa cos concellos que a solicitaron, pola que pasarán a xestionarse a través de convenios para axilizar a tramitación, pactando os obxectivos das achegas para adaptalos a cada caso particular, garantindo así a súa execución.
Estas medidas enmárcanse no esforzo que está a realizar a Xunta para promover Galicia como destino seguro, no que pode xogar un papel principal a consolidación da oferta turística nas zonas rurais.
O importe máximo da subvención que se aboa aos concellos é do 85 % do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 30.000 euros. Na comarca obtiveron achegas todos os municipios que a solicitaron, e tres proxectos acceden á contía máxima: Un espazo de autocaravanas na praia de Esteiro en Xove; unha actuación no sendeiro do Fuciño do Porco no Vicedo, e o soterramento de cableado e instalación de sinalización turística no conxunto histórico artístico de Sargadelos (Cervo). Tamén se financiarán intervencións en Viveiro, Foz, Mondoñedo, A Pontenova, Alfoz e Lourenzá.
Tipos de actuacións
As achegas para a mellora de infraestruturas turísticas no rural buscan o embelecemento o recurso así como a mellora da contorna, principalmente en aspectos básicos como a accesibilidade e a sinalización.
Así, sufráganse accións como a recuperación de elementos de interese etnográfico ou da arquitectura tradicional, iluminación ornamental, miradoiros paisaxísticos, estacionamentos, vías, ocultamento de colectores e cables, e eliminación de barreiras arquitectónicas, entre outras. As obras deben utilizar materiais construtivos que permitan a integración harmónica e respectuosa co contorno en que se atopa o recurso.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



