Que democracia europea pode aturar a grave sospeita de que o seu Xefe de Estado durante 39 anos acadase unha fortuna da colusión comisionista? Que sistema inserido nas democracias dos “países serios” pode aturar a sospeita de que o seu Presidente do Goberno durante catorce anos dese a orde de argallar un grupo de mercenarios-o GAL- para executar crimes de Estado?
Que democracia europea pode aturar que unha ampla maioría parlamentaria-PSOE, PP, VOX, Cs- vete a posibilidade dunha pescuda parlamentaria sobre esta caste de condutas? Que democracia europea pode interpretar a involabilidade constitucional do Xefe do Estado coa exclusión do mesmo do sistema do Estado de Dereito de xeito que poida cometer calquera caste de delictos sen sanción?
Estas informacións non lles son cousa de George Soros ou dos perigosos soberanistas cataláns, vascos e galegos. Sonlles informacións do xornal conservador londinense The Telegraph, do New York Times e da Fiscalía de Xeneva. Constitúen o faladoiro cotián dos políticos en Bruxelas, Londres, Berlín ou París. O elefante está no cuarto e no Madrid político fan como se non se decataran.
Os GAL déronlle vida adicional a ETA dez anos máis, por mor do gravísimo desprestixio do Estado, de súpeto conectado no 1983-1985 coa guerra suxa que desenvolvera o franquismo e postfranquismo polo menos até 1978. O cumio dos GAL foi axuizado e Barrionuevo (ministro do Interior na altura) e Vera (secretario de Estado de Seguranza) foron indultados no 1998, menos de tres meses despois de entrar no cárcere, despois de que Felipe González lles despedise na súa porta cunha aperta de irmán. Uns anos despois, accións absolutamente reprobábeis, mais constitutivas dun grao de violencia menor e sen sangue do independentismo galego, foron condenadas definitivamente a penas entre seis e dez anos de cárcere.
Que dicir dos presos políticos soberanistas cataláns? Dende posicións de goberno, parlamentarias ou de activismo ONG (como os Jordis), sen xerar violencia ningunha e por apelar ao dereito a decidir da cidadanía catalá enfrontan por un delicto como é a sedición, expulso dos Códigos Penais democráticos europeos hai tempo, penas entre nove e trece anos, mentres o Tribunal Supremo que os condenou advirte da posíbel comisión de delictos de prevaricación á Administración penitencial catalá se lles outorga o réxime aberto do terceiro grao.
Agora soubemos, tamén polo The Telegraph, que 260.000 € do custo da viaxe de vodas do actual Xefe do Estado foron pagas por un testaferro do Emérito. Comprenderán vostedes, daquela, que a desafección cidadá a respecto deste réxime siga a medrar, mesmo en boa parte da base electoral do PSOE. Os seus dirixentes haberían comprendelo no canto de votar canda Vox na defensa da opacidade.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



