Lugo, 16 de xuño de 2020. O candidato á presidencia da Xunta polo PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, demostra un interese inaudito pola provincia de Lugo nestes días previos ao inicio da campaña para as eleccións autonómicas. Busca o amparo, entre outros, do presidente da Deputación, José Tomé, ao que, igual que xa fixo nalgunha ocasión coa alcaldesa de Lugo, pon, sen máis argumento que o seu propio interese electoral, como exemplo de bo xestor. É algo que hai que tomar como unha mostra do sentido do humor de Caballero, unha licenza propia do tempo que vivimos, porque, como saben todos os lucenses, tal afirmación non se sustenta en feitos obxectivos. Así o indica o portavoz do grupo provincial do PP, Javier Castiñeira, que cre que na Deputación de Lugo si hai un exemplo do que debe tomar nota o aspirante socialista: a lealdade coa que o Partido Popular actuou e actúa no organismo provincial e que se traduciu en acordos firmados que evitaron o bloqueo da xestión cando o PSOE gobernaba en minoría.
Javier Castiñeira declara: “Se Caballero pretende poñer de exemplo a Tomé, escusa falar da crise provocada pola covid-19, porque chegou tarde a todas as xestións, apenas investiu partidas extraordinarias e votou en contra da liña de axudas a pemes e autónomos proposta polo PP para reactivar economicamente a provincia. O grupo provincial do PP ten a sensación de que o secretario xeral do PSdeG anda un pouco perdido, tentando arrouparse en gobernantes como Tomé ou o propio Sánchez, que demostran estar moi por debaixo do nivel que requiren as institucións”.
Castiñeira tamén di: “Se o señor Caballero quere tomar nota para o seu futuro, na oposición, claro, debería fixarse máis na posición tomada polo PP, que, a pesar de recibir unha inxusta moción de censura na provincia de Lugo, mantivo unha posición leal na Deputación, sendo clave para corrixir a desfeita pasada entre PSOE e BNG. Señor Caballero, o exemplo é a postura responsable que adoptou o PP da señora Candia nestes anos, que inxustamente está na oposición a pesar de ser a forza máis votada , pero aínda así queremos ser útiles e así o demostramos, despois do fracaso no mandato pasado do pacto PSOE-BNG”. Igualmente, sinala: “Exemplo é tamén a xestión dos concellos pequenos da provincia, que a pesar da falta de apoio directo da Deputación e do Goberno de España nesta crise están sacando para adiante o Lugo rural, ao que vostede renuncia visitar”.
O portavoz popular manifesta: “É posible que o único que teña que agradecerlle Caballero a Tomé é que dedicara este primeiro ano de mandato a facer oposición a Feijóo, aínda que iso significase ir en contra dos intereses de todos os lucenses; se Lugo avanzou foi grazas á importante axuda da Xunta, de modo que Lugo foi a provincia galega na que máis investiu por habitante”. Igualmente, di: “Señor Caballero, reiterámoslle o consello que prima no PP de Lugo, da señora Candia e dos 31 alcaldes populares da provincia: posición de humildade ante os nosos veciños e que os partidos estamos a disposición das necesidades das institucións e non ao contrario, como vostedes demostran a diario alí onde gobernan”
O mesmo portavoz popular reta ao socialista Gonzalo Caballero a actuar en relación coa Xunta coa mesma responsabilidade que o fixo Candia á fronte do grupo do PP na Deputación. Castiñeira di: “Ata agora non se viu nin a máis mínima disposición de Caballero para manter unha actitude así. Pode intentalo, pero dende agora mesmo, lle dicimos que, por moito que visite Lugo, non estará en condicións de vir ensinarnos como se fai política”.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



