Burela, 16 de xuño de 2020. Hoxe reabre de novo ás visitas o barco museo Reina del Carmen no porto de Burela. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, anunciou que ata finais de mes manterá o horario de inverno de martes a venres ás 11:00, 12:00, 13:00, 17:00 e 18:00 horas e os sábados ás 11:00, 12:00 e 13:00 horas. Os grupos serán menores que antes da chegada do Covid e non superarán as 10 persoas. O edil advirte que como no interior do barco é difícil manter a distancia de seguridade será obrigatorio o emprego de mascarilla.
O concelleiro de Turismo confirmou que “a partir de hoxe abrimos o barco museo Reina del Carmen. No día de onte tanto o alcalde como eu fixemos unha visita para ver unhas reformas que estivemos facendo. Ata o día 1 de xullo imos ter o horario de inverno que sería de martes a venres, ás once, ás doce e á unha pola mañá, e ás cinco e ás seis pola tarde. E os sábados teríamos visitas ás once, ás doce e á unha. Tíñamos descanso os sábados pola tarde, os domingos e os luns. E así o imos manter ata finais de mes”.
Ramiro Fernández Rey dixo que “a partir do 1 de xullo xa empezaremos co horario de verán, que vai comprender de martes a domingo e o único día que vai estar pechado será os luns para darlle descanso ao persoal. O horario de visitas será ás once, ás doce e á unha polas mañás, e ás cinco, ás seis e ás sete polas tardes”.
O edil burelés subliñou que “decidimos, como non podía ser doutra maneira co tema do Covid, tomar unha serie de medidas de seguridade e baixaremos a dez o número de persoas que poidan participar en cada visita, antes eran 25. Evidentemente, como dentro do barco non se pode gardar a distancia de seguridade recomendada de dous metros, imos pedirlle á xente que use mascarilla. Ademais imos ter os xeles hidroalcohólicos para todos os visitantes co obxectivo de que poidan facer a visita con seguridade. Tamén imos intentar reducir un pouco o tempo das visitas, que viñan durando sobre unha hora, para facer unha limpeza das varandas e todos os elementos que poidan ser tocados polos visitantes”.
Fernández Rey agarda que “este ano teñamos moitas visitas como estamos tendo todos os anos, evidentemente este 2020 é especial debido ao Covid, pero queremos invitar a toda a xente a que a partir de hoxe xa pode facer esas visitas ao barco museo e que desfruten desa experiencia. Toda a xente que o ve sae contenta e é un dos grandes atractivos turísticos que temos aquí en Burela”.






















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



