Lugo, 15 de xuño de 2020. “Da fornada do presidente Tomé aínda non saíu nin un só bolo; os panes de hoxe na Deputación aínda son os que se cociñaron no pacto firmado en 2016 por Darío Campos (PSOE), Elena Candia (PP) e Manuel Martínez”. Así o asegura o portavoz provincial dos populares, Javier Castiñeira, á vista das obras de mellora de estradas na provincia e do recente acordo para a instalación de marquesiñas. O acordo que cita Castiñeira foi firmado o 27 de xuño de 2016 e, di Castiñeira, “grazas a el o actual presidente, José Tomé ten obras que executar”. Nesta liña manifestou: “Vemos que nas ordes do día tanto da xunta de goberno como das mesas de contratación son máis as inversións resultado do pacto do 2016 entre PP e PSOE que as propias do actual goberno PSOE-BNG”.
O portavoz provincial do PP destaca a valentía e a altura de miras coa que actuou no seu momento Elena Candia, agora cabeza de lista polo PP Lugo ás eleccións autonómicas, ao facer posible, desde a oposición e a pesar de ser o grupo con máis deputados, un acordo que era moi necesario para atender as necesidades da provincia, que o entón presidente, o socialista Darío Campos, no podía atender dada a relación de forzas existentes naquel momento no organismo provincial. Castiñeira manifestou: “Xa sei que ao señor Tomé non lle gusta que diga que el e o seu goberno chegan tarde a todo no que se refire a resolver os problemas da provincia, pero é así; neste caso tamén chegan tarde, pero van chegando grazas ao acordo establecido no seu día por Candia e Campos. Grazas a el, e aínda que con retraso hai obras nas estradas da provincia e anúnciase a instalación, xa veremos cando, de 82 marquesiñas”.
Castiñeira recorda que no punto 11 do acordo Campos-Candia figura un plan para poñer marquesiñas a disposición dos Concellos. Di concretamente o acordo: “Os asinantes recoñecen a demanda existente para dar cobertura ás necesidades de marquesiñas nos diferentes concellos da provincia e, por elo, asumen o compromiso da posta en marcha dun programa que poña a disposición dos concellos da provincia de Lugo este equipamento, con criterios obxectivos de reparto e un mínimo de dúas por concello”. O mesmo representante popular di que executar esta parte do acordo levoulle moito tempo ao goberno provincial, tanto que aínda está niso. “Realmente a día de hoxe, o único que pode vender o presidente Tomé é o que procede do pacto Campos-Candia-Martínez, o que di moito, por un lado, da falta de xestión do actual goberno provincial, e, por outra parte, da altura de miras dos asinantes do acordo”.
O portavoz popular cre que está clara a diferencia entre o pacto Campos-Candia e o actual PSOE-BNG: “Nun puxéronse por diante os intereses da provincia e noutro priman os intereses partidistas, como o proban as declaración da señora Otero, candidata socialista, nas que di que as institucións estarán en función dos intereses do partido socialista e non do que interesa a todos os lucenses; ese modelo non o queremos, queremos o modelo Candia, que foi o que axudou a que a día de hoxe se executen obras positivas para toda a provincia”.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



