Ribadeo, a 10 de xuño de 2020.- O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo, Daniel Vega, lamenta que o Bloque Nacionalista Galego se negase, votando en contra, a impulsar unha estratexia económica que favoreza a reactivación do municipio. O tamén deputado autonómico critica que os nacionalistas se opuxesen así “a traballar entre todos para paliar os efectos da crise sanitaria”, sobre todo, indica, “porque hai orzamento, a través do Plan de Cooperación Local, do Plan Único, de todo aquelo que se recadou dos impostos e de todo o que se aforra nas festas que non se poden celebrar”. Neste senso, lembra que a proposta presentada estimaba que se podería destinar 1 millón de euros a axudar aos autónomos e ás familias que se viron afectadas por un ERTE.
O popular tilda, por tanto, de “lamentable” a posición do BNG e agradece que o PSOE “si entendese que esta estratexia é necesaria”. Con todo, apunta, “seguimos defendendo que para eses negocios que pecharon ten que haber unha axuda directa e que os traballadores afectados polos Expedientes Temporais de Emprego teñen que sentir a administración preto. Por iso, propoñiamos unha realidade con iniciativas para eles. Finalmente, o Sr. Suárez e o seu equipo dixeron que non. Agardo que llelo expliquen e que comecemos a traballar en serio por reactivar a economía local”, manifesta Vega.
As medidas, ao detalle
O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo solicitara este Pleno Extraordinario logo de que o goberno local obviase as propostas plantexadas por este Grupo o 20 e o 27 de marzo e o 15 de abril, co gallo do impacto económico que está a provocar a crise sanitaria do covid-19.
Nestes documentos propoñíanse accións socioeconómicas para actuar de maneira inmediata ante as consecuencias derivadas da pandemia e impulsar a actividade económica no termo municipal, outorgando liquidez ás empresas da vila para, contribuíndo a facilitar o cumprimento das súas obrigas empresariais, axudar ao mantemento da actividade e así acadar a debida protección do emprego. Son as seguintes:
1 Creación dunha comisión publico-privada que defina a extratexia a seguir.
2 Apoio a autónomos, pemes…a través dun gabinete técnico que asesore dende os puntos de vista financiero, xurídico, administrativo e fiscal en horario de mañá e tarde.
3 Axudas directas para persoas físicas e xurídicas con ou sen traballadores ao seu cargo cando a actividade que desenvolvan se tivese visto afectada polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020 de 17 de marzo que modificou o artigo 10 do RD 463/2020 de 14 de marzo ou non sendo este o caso, que a actividade desenvolvida pola empresa sufra unha redución da súa facturación no mes anterior á solicitude desta subvención de polo menos o 50%, en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os 6 meses naturais esixidos para acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.
4 Axudas directas a aquelas persoas físicas, traballadores por conta allea que experimentaran unha merma nos seus ingresos a consecuencia de ser incluídos nun expediente de regulación temporal de emprego, ou tiveran a necesidade de solicitar excedencia ou redución de xornada para a atención de fillos menores de 12 anos aos que lles tivera afectado o peche dos centros educativos con motivo da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19.
5 Adopción de acordos para o futuro:
Apoio e promoción do tecido empresarial de Ribadeo, coa creación dun portal web. Neste portal deben estar integrados o sector primario do concello e o comercio local respaldados por una rede loxística de reparto, así coma o sector servizos (hostelería, restauración, hospedería, ocio…).
Apoio ao emprendemento e a instalación de novas empresas cunha simplificación dos trámites, un forte asesoramento e medidas fiscais que favorezan a creación de novo tecido empresarial.
Reclamación ao Goberno central o IVE adeudado ao concello.
Esixencia a SEPES da redución do coste das parcelas do polígono industrial para favorecer a implantación de empresas.
Apoio á organización de actividades culturais, deportivas e lúdicas ao longo de todo o ano cunha planificación que, ao mesmo tempo que congrega aos ribadenses, atraia visitantes, desestacionalizando o turismo.
Plan Especial de Protección das Catedrais
Na sesión celebrada na tarde-noite de onte tamén se aprobou o Plan Especial de Protección das Catedrais, que vai a protexer o monumento e o uso agropecuario da zona. “Ábrese así un novo camiño. Temos un marco legal e agora temos que pedir a colaboración á Deputación, ao Estado, á Xunta e á UE. Entre todos podemos conseguilo”. Neste senso, os populares defenderon a creación dunha mesa de traballo para actuar na defensa deste elemento natural “que tanto significa para Ribadeo e para o conxunto do territorio galego”.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



