Ribadeo, 8 de xuño de 2020. Desde o 30 de marzo ata o 27 de abril de 2020 o Concello de Ribadeo destinou 32.550 euros aos 651 cheques que as familias máis vulnerables puideron canxear nos supermercados adheridos a esta campaña (Lidl, Día, Gadis, Eroski Center e Hipermercado Eroski) e na praza de abastos. En total foron 512 as persoas beneficiarias. Esta foi unha das actuacións de emerxencias social que o Concello levou adiante durante o estado de alarma “co fin de contribuír a que as persoas residentes no termo municipal de Ribadeo teñan cubertas as súas necesidades básicas”.
Durante todo este tempo o Concello continuou co programa de reparto de alimentos, a través do Banco de Alimentos municipal, “que se viu reforzado de xeito moi importante”. Na actualidade son 230 as familias que están a ser atendidas. Foron repartidos 16.451 quilos de diversos produtos que foron aportados pola Cruz Vermella e polo Banco de Alimentos: legumes, pastas, galletas, conservas, potitos, leite, aceite, froitas, queixo, patacas, pementos, tomates, cebolas, polo, magro de porco, entre outros. A maiores o Concello procedeu á compra e ao reparto doutros 18.999 quilos de alimentos, nos que investiu 30.463 euros: leite, café, legumes, fiambres, pastas, galletas, azucre, cereais, xamón, pavo, pescada, papillas, potitos, conservas ou produtos de limpeza, entre outros.
O alcalde, Fernando Suárez, tamén subliña que “desde o 1 de abril se están a facer desinfeccións semanais nas residencias de maiores de Ribadeo e desinfeccións periódicas nestes centros contratadas a Tragsa e a Lema. Tamén se realizan desinfeccións diarias no casco urbano da vila coa varredora, co camión de incendios e con sulfatadoras e desinfeccións puntuais nos cascos urbanos de Ribadeo e de Rinlo así coma o lavado dos contedores de recollida do lixo”.
E engade que “desde a declaración do estado de alarma se lle foi entregando todo o material de protección necesario aos traballadores municipais, principalmente máscaras, guantes de nitrilo e látex e xel hidroalcohólico, tanto individualmente como actuacións colectivas, dispoñendo dispensadores de xel nas distintas edificacións e instalacións municipais. Procedemos a entregar material no Hospital Asilo e no Centro de Atención a Persoas Maiores (nova residencia), así como ao persoal do CEIP Gregorio Sanz e do Xulgado de Paz. E a través da Policía Local foise facendo entrega de material de protección á veciñanza e aos diversos negocios esenciais que se encontraban abertos durante este tempo”.
Suárez Barcia tamén se refire ás facturas pagadas a provedores: “o procedemento de tramitación e pagamento da facturación por subministradores e contratistas no Concello desde o inicio do estado de alarma ata a actualidade seguiu a funcionar con normalidade, ou en todo caso coa normalidade que era de agardar nas circunstancias excepcionais nas que nos movemos. Desde o inicio deste 2020 e ata mediados de abril foron aprobadas 22 relacións de facturas, das que 12 corresponden a este prazo, por un importe de 546.000 euros”.
O rexedor di que o “o Concello interpretou a normativa tributaria e fiscal do xeito máis favorable para os nosos veciños e comerciantes” e alude ao decreto do 3 de abril “no que se entendía que non procedía esixir as taxas e/ou prezos públicos que gravan certas actividades ou servizos que presta o Concello de Ribadeo, ou as taxas pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público municipal en certos supostos como terrazas, mercados, escola de música, escolas deportivas, etc). Tampouco procedía esixir os importes correspondentes por actividades ou servizos que presta o Concello como a subministración de auga ou a recollida do lixo”.




















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



