Lugo, 25 de xuño de 2020. O BNG sumouse á concentración que os obreiros e obreiras da factoría de aluminio de San Cibrao mantiveron esta mañá en Lugo para reclamar á Xunta e ao Estado que poñan en marcha os mecanismos necesarios para garantir a continuidade dos empregos e da produción de aluminio no complexo industrial de Cervo.
O persoal de Alcoa e das industriais auxiliares concentrouse fronte á Subdelegación do Goberno despois de reunirse cos responsables da empresa, que iniciou formalmente a tramitación do Expediente de Regulación de Emprego (Ere) que afecta un milleiro de traballadores entre empregados directos e obreiros das auxiliares.
O BNG reiterou a súa aposta pola intervención da empresa como única saída para salvar os postos de traballo e a produción de aluminio. “Temos despidos enriba da mesa. Xa non vale unha declaración de intencións, os gobernos teñen que reccionar e deixarse de palabrería”, urxiu a responsable comarcal do BNG, Ana Ermida.
“Trátase de salvar a industria do aluminio na Mariña, de salvar eses postos de traballo e os que virán detrás e a única saída posible neste momento é apostar pola intervención pública. O goberno do Estado debe poñela enriba da mesa, e a Xunta traballar para que se produza esa intervención. Está en xogo o futuro dun comarca e non caben medias tintas. É o momento de actuar con contundencia”, sostivo a nacionalista.
Ademais da responsable comarcal e alcaldesa de Barreiros, sumáronse a concentración representantes institucionais da formacion como Xavier Fanego, tenente de alcalde de Foz; os deputados provinciais Maite Ferreiro e Efrén Castro ou o tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, así como outros concelleiros e concelleiras nacionalistas na provincia.
O grupo provincial do BNG presentará no vindeiro pleno da Deputación de Lugo, o vindeiro 30 de xuño, unha moción para reclamar aos gobernos do Estado e da Xunta a nacionalización de Alcoa.




















A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano. 



