Madrid, 25 de xuño 2020.- O BNG vén de exixir ao Goberno español, tendo en conta os datos de recuperación da sardiña, atender as demandas da frota galega e aumentar a cota de capturas da sardiña até as 34.400 toneladas. O deputado Néstor Rego destacou que “a campaña de investigación realizada polo PELAGO20 confirma que o stock de sardiña está completamente recuperado”. Así, a cantidade de biomasa da sardiña con máis de un ano (B1+) nas augas atlánticas é de 385.202 toneladas, cantidade que supera en 2020 a fixada como obxectivo no Plan de Recuperación para todo o período 2018-2023 e que ascendía a 269.958 toneladas.
A frota galega está enormemente preocupada porque acabará a cota estabelecida en cuestión de días e verase obrigada a parar ante a falta de alternativas. O recente incremento de aproximadamente 1.800 toneladas foi claramente insuficiente e non está en relación coas evidencias científicas que o stock de sardiña está totalmente recuperado pois alcanzouse xa en 2020 o nivel de sustentabilidade MSY. “É polo tanto necesario revisar os topes e cotas de capturas, pois a cota actual non é suficiente para garantir a supervivencia das frotas do cerco e do Xeito que dependen da explotación desta especie” sinala o deputado nacionalista.
Polos mesmos motivos, o BNG xustificase máis que sobradamente que as artes tradicionais e sustentábeis como é o Xeito, queden excluídas das cotas de captura máxima, do contrario, condenaríase á desaparición a unha actividade pesqueira ancestral e respectuosa coa biodiversidade dos hábitats naturais das nosas Rías e Costas e que non pon en risco a conservación das pescarías.
O BNG reclama que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Comercio non sexa insensíbel á situación dramática do sector e atenda unha demanda que é absolutamente xusta e necesaria para asegurar un presente e un futuro dignos para a pesca galega, máxime tendo en conta os estudos científicos que a avalan.




















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



