Madrid, 15 de xuño 2020. O deputado nacionalista, Néstor Rego, solicitou a comparecencia da Ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, para que explique que medidas se están tomando ao respecto desde o Goberno central para evitar o peche de Alcoa San Cibrao e se valoran a súa nacionalización da factoría como vén propoñendo o Bloque Nacionalista Galego.
A semana pasada o BNG presentou unha Proposición non de Lei no Congreso para a intervención de Alcoa e retornala ao ámbito público, nacionalizando a planta para así manter os postos de traballo e o futuro económico e social de toda a comarca da Mariña. O deputado Néstor Rego salientaba que “nin o marco normativo galego, nin o do Estado, nin o da Unión Europea impiden a nacionalización de Alcoa; polo tanto, esta solución só necesita da vontade política das Administracións públicas, solución que permitiría preservar o emprego e salvar unha comarca enteira”.
Os nacionalistas ven necesario pór en marcha solucións que dean estabilidade ao sector e ao conxunto da nosa industria. Por esta razón, o deputado Néstor Rego salientou que “é preciso estabelecer unha Tarifa Eléctrica Galega que permita rebaixar considerablemente o custo da enerxía, porque Galiza é produtora excedentaria, pagamos os elevadísimos custos sociais e ambientais dun deseño que nós non realizamos, mais non nos beneficiamos desa condición de país produtor”. Neste momento as familias e as empresas galegas, pagan máis pola electricidade que en Madrid, onde consomen enerxía galega a 600 km de distancia.
O BNG reclamou desde un principio activar un Estatuto do Consumidor Electrointensivo realmente eficaz, un compromiso do Goberno español que aínda non cumpriu, que permitiría que factorías como Alcoa San Cibrao puidesen manter a súa actividade produtiva sen perdas económicas.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



